PUBLICIDADE

A Festa da Filloa da Pedra repartiu máis de 8.000 unidades na súa XXII edición

A Festa da Filloa da Pedra ofreceu tamén aos asistente un amplo programa cultura e musical, dunha edición que comezou co pregón de Manuel Iglesias Turnes e rematou co concerto de De Ninghures

A XXII Festa da Filloa da Pedra do Concello da Baña volveu a atraer a milleiros de visitantes nunha edición que se repartiu 8.000 filloas, según explicou a tenente de alcalde e encargada da organización, Mónica González, sobre unha das citas culturais e gastronómicas más senlleiras da comarca.

“As filloas ou son da pedra ou non son”, asegurou o escritor local Manuel Iglesias Turnes, durante o seu pregón da festa que homenaxea a un produto “que é cultura, é raíz, é forma parte da nosa historia, da nosa forma de vida. Os barcaleses levámolas no ADN”, engadiu o pregoeiro.

O discurso de Manuel Iglesias deu oficialmente o inicio a unha celebración que se desenvolveu grazas aos voluntarios e voluntarias que prepararon as filloas durante a fin de semana pasada nas 35 pedras instaladas no polideportivo de San Vicenzo, e que comezaron a despacharse desde primeira hora da mañá, soas ou acompañadas de chourizo ou orella.

PUBLICIDADE

A festa comezou xa a primeira hora coa II Ruta ciclista da Filloa, e continuou con degustación de Ternera Gallega e, todo o día, cunha variada e ampla programación cultural e musical. O obradoiro de treboada, impartido por Oli Xiráldez, ou o de cestería tradicional de Luis do Río estiveron moi concorridos, aínda que non tanto como as actuacións da Escola de Música Tradicional da Baña, As Atrevidas de Monte ou a dos Pequenos da Baña, que animaron a bailar a moitas das persoas presentes.

O Trío Alborada animou a sesión vermú e, pola tarde, a música continuou coas actuacións de Bouba e A Requinta de Lampai, que se foron intercalando co obradoiro de máscaras En-mascara-Arte, e visitas ao mercado de artesanía situado no exterior do pavillón. Unha das bandas galegas de moda, De Ninghures, protagonizaron un multitudinario concerto co que rematou a XXII Festa da Filloa da Baña.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.