PUBLICIDADE

A Feira do 2 de Barbadás consolídase na súa cuarta edición grazas a aposta do Concello

A Feira do 2 de Barbadás, cita tradicional que recuperou o Concello, contou onte mércores con medio cento de postos, os cales se multiplican cada mes

A Feira do 2 de Barbadás consolídase na súa cuarta edición grazas á firme aposta do Concello. Dende o pasado abril, o número de postos multiplícase cada mes, así como a variedade de produtos á venda. Medio centenar de feirantes acudiron onte mércores ao Paseo dos Amieiros con roupa, alimentación, accesorios, zapatos, plantío ou xoguetes, entre outros artículos.

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Comercio, apostou por recuperar a tradicional cita, que ata o pasado abril consistía nun único posto, a pulpeira. Onte, moitos foron os veciños e visitantes que comeron polbo, despois de realizar as súas compras na Feira.

O goberno local destaca a boa resposta dos feirantes, que cada vez son máis, así como da veciñanza e visitantes á feira. “Que o número de postos siga crecendo é moi boa sinal”, aseguran dende o Concello. Nesa liña, na próxima edición, espérase aínda unha maior afluencia de vendedores.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.