PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A primeira audioguía dixital multimedia bota a andar en Celanova

Luis Menor e representantes da corporación municipal de Celanova durante a presentación da primeira audioguía dixital multimediaLuis Menor e representantes da corporación municipal de Celanova durante a presentación da primeira audioguía dixital multimedia

Luis Menor destacou o carácter innovador desta audioguía dixital multimedia que mestura o actractivo dos recursos patrimoniais cos do eido comercial

A primeira audioguía dixital multimedia da provincia, iniciativa posta en marcha pola Deputación de Ourense, botou a andar o pasado 30 de outubro no Concello de Celanova. A audioguía aúna información de cultura, patrimonio e comercio local, e con ela a Deputación e a Asociación de Comerciantes CHEA posibilitan que o casco histórico de Celanova “sexa o primeiro espazo aberto de carácter monumental de Galicia que conte cunha audioguía dixital multimedia”, asegurou o presidente provincial, Luis Menor, durante a súa visita de traballo a Celanova.

Menor precisou, durante a presentación da iniciativa, que esta audioguía dixital multimedia permitirá que os visitantes sexan guiados polas rúas comerciais a través do patrimonio local, contribuíndo “á dinamización da economía do comercio de proximidade a través da dixitalización”. Ademais, puxo en valor a importancia da cooperación institucional, salientando que “colaboramos en favor do deporte, do comercio local e da cultura. É o noso xeito de traballar, coa colaboración como eixo principal, que é o que primamos no goberno provincial e así seguiremos a desenvolver as políticas que máis beneficien e apoien aos concellos da provincia”.

Os usuarios poderán obter esta audioguía dixital multimedia a través dun cógido QR que se lle facilitará de balde nos comercios adheridos á iniciativa, e poderán escoitala no seu teléfono móbil puidendo deixala de recordo para escoitala con máis profundidade nos seus fogares.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Da man da cooperación institucional seguimos dando pasos firmes para a posta en valor do noso territorio provincial, ofrecendo ferramentas para que os municipios poidan desenvolver políticas de proxección turística innovadoras e produtivas”

Luis Menor pechou a presentación, da audioguía dixital multimedia patrimonio/comercio, amosando o seu convencemento de que “esta ferramenta suporá un antes e un despois na política de promoción turística do Concello de Celanova”.

A xornada de traballo en Celanova, na que Luis Menor estivo acompañado polo alcalde, Antonio Puga, así como por membros da corporación municipal, finalizou cunha visita á casa natal de Curros Enríquez, sede da fundación que leva o seu nome e que preside o rexedor.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.