PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As mulleres do rural protagonizan a exposición ‘Historias das nosas: arando na memoria’

A exposición de fotografías do pasado recreadas no presente é o resultado do taller de ‘Tempos para compartir’ de outubro do Concello de San Sadurniño

As mulleres do rural protagonizan a exposición Historias das nosas: arando na memoria, unha mostra de 20 fotografías do pasado recreadas no presente, e que son o resultado do taller Tempos Para Compartir, impartido por Kevin Lorenzo, que organizou o Concello de San Sadurniño o pasado mes de outubro, tras o cal convidouse á veciñanza e enviar as súas instantáneas empregando esta técnica, e que agora se expoñen no patio interior da Casa do Concello en horario de apertura das oficinas municipais.

Historias das nosas: arando na memoria é unha exposición con “cachiños das vidas das mulleres de San Sadurniño”, indica a axente de Igualdade, Oriana López, que precisou durante a inauguración da mostra que trátase de “fragmentos do día a día e que quedaron capturados mediante fotos que retratan o día a día das mulleres de San Sadurniño e as súas historias particulares”.

Os interesados en visitar a exposición poden facelo ata finais de novembro entre as columnas que soportan a galería municipal na Casa do Concello, na que tamén se poden visitar, ata mediados de mes, as acuarelas de Blanca Escrigas, xa que esta mostra fai de ponte entre o Día Internacional das Mulleres Rurais, do pasado 15 de outubro, e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas do 25 de novembro, e para o que o Concello de San Sadurniño xa conta cunha programación específica de actividades.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.