O programa Apego inicia o mes de novembro cunha chea de propostas para as crianzas. Desta volta, o vindeiro venres 7 de novembro, ás 18.00 horas, na casa da Cultura do Milladoiro, terá lugar a actividade Unha area de sal de María e Carme da Pontragha, quen volven a Ames cunha proposta de contos, música tradicional e baile. A actividade é de balde e está dirixida para público familiar. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 30 de outubro, ata o xoves 6 de novembro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Durante o mes de novembro o proxecto Apego continúa a organizar diferentes actividades para as crianzas. Nesta ocasión, as Da Pontragha volven a Ames o venres 7 de novembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.
Nesta actividade, María e Carme da Pontragha achegaranlles ás crianzas a herdanza que deixaron avoas, tataravoas, nais e moitas mulleres na nosa tradición popular e oral a través dunha ampla variedade de contos, música tradicional e baile.
Esta actividade é de balde e está dirixida a un público familiar. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, 30 de outubro, ata o vindeiro xoves, 6 de novembro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.



