PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Máis de 30 persoas participan na andaina histórica por Boqueixón

Andaina histórica polo Concello de BoqueixónUnha trintena de persoas participaron na andaina histórica percorrendo os lugares recollidos no libro 'A matanza esquecida'

Os participantes nesta andaina histórica percorreron os lugares do municipio recollidos no libro ‘Unha matanza esquecida xunto ao seu autor Severino Fernández

Máis de 30 persoas participaron na andaina histórica, organizada polo Concello de Boqueixón o pasado domingo 10 de novembro, e que levou aos seus participantes nun percorrido circular de 13 quilómetros polos lugares nos que aconteceron os feitos históricos que se recollen no libro Unha matanza esquecida, de Serverino Fernández Abel.

A andaina histórica tivo unha duración dunhas 4 horas, tempo durante o cal os andariegos percorreron as parroquias de Gastrar, Vigo e Loureda, acompañados polo autor Severino Fernández, veciño de Gastrar, que lles foi explicando e facendo cometarios sobre estes lugares históricos que aparecen no seu libro Unha matanza esquecida.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.