O Concello de Arzúa presentou, na antiga Casa de Correos, a programación da XXI edición do Zona da Zanfona, organizado por a Central Folque co apoio da Deputación e do propio Concello, e que se celebrará do 21 ao 23 de novembro cun amplo programa de concertos, cursos, palestras, animacións de rúa e actividades de divulgación.
A novidade deste ano é o lanzamento da web oficial www.zanfona.folque.com, que recollerá toda a información do festival, actualidade, vídeos, fotografías e arquivos de edicións anteriores. O cartel deste ano combina artistas internacionais e galegos. Steve Tyler e Katy Marchant abrirán o festival cun concerto de músicas medievais e composicións propias, mentres que o dúo Pärbo, María López, Iván Abal e o grupo Zarandela completan unha programación que afonda na diversidade da zanfona.



