PUBLICIDADE

A cativada de Melide celebra o Día das Bibliotecas con narración oral e ilustración en vivo

A cativada de Melide celebra o Día das Bibliotecas con narración oral e ilustración en vivoA cativada de Melide celebra o Día das Bibliotecas con narración oral e ilustración en vivo

A Biblioteca Pública de Melide celebrou, o pasado 24 de outubro, o Día das Bibliotecas cunha actividade dirixida ao alumnado de primeiro de Educación Primaria dos tres colexios da vila. A conmemoración contou coa participación de Polo Correo do Vento, que presentou o seu espectáculo Cantareiras, unha proposta que combina a narración oral, a ilustración en directo e a música tradicional.

Durante a sesión, Quique Mauricio, contador de historias, achegou ao público infantil ao universo das Cantareiras, baseándose no seu libro As Cantareiras, no que se recollen as voces e o valor destas mulleres transmisoras da cultura popular galega. Tania Solla, ilustradora, deu vida ás protagonistas da obra a través dunha ilustración en directo, mentres soaban pezas musicais interpretadas con instrumentos tradicionais galegos.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.