PUBLICIDADE

Oroso mantén a súa aposta pola actividade física con dúas actuacións nas instalacións deportivas

Oroso mantén a súa aposta pola actividade física con dúas actuacións nas instalacións deportivasOroso mantén a súa aposta pola actividade física con dúas actuacións nas instalacións deportivas

O Concello de Oroso, no marco da súa aposta continua polo fomento da actividade física e o coidado das infraestruturas de uso comunitario, informou de que segue a avanzar con dúas actuacións complementarias nas instalacións deportivas de Sigüeiro.

Por unha banda, finalizouse o pintado exterior do pavillón Juanito Amigo Ferreiro, coa idea de renovar a súa estética e reforzar o mantemento das instalacións, proporcionando unha imaxe máis acolledora para os seus usuarios. En paralelo, deuse inicio á obra de reforma do Campo de Fútbol Municipal Lino Balado, cun investimento estimado en torno aos 150.000 euros, para acometer o cambio do céspede e melloras no terreo de xogo.

Unhas intervencións que ofrecerán instalacións máis funcionais e atractivas para a práctica deportiva de clubs, escolares e veciñanza, contribuíndo á saúde, á convivencia e ao benestar da comunidade de Oroso.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.