PUBLICIDADE

As cantareiras e pandeireteiras da Baña recibirán o IV Premio Daniel García Ramos

As cantareiras e pandeireteiras da Baña recibirán o IV Premio Daniel García Ramos nun acto o Día das Letras Galegas organizado polo ConcelloAs cantareiras e pandeireteiras da Baña recibirán o IV Premio Daniel García Ramos nun acto o Día das Letras Galegas organizado polo Concello

As cantareiras e pandeireteiras da Baña recibirán o galardón nun acto, co gallo do Día das Letras Galegas na Escola Municipal de Música Emilio Andújar, polo seu labor de transmisión da tradición oral e musical galega

As cantareiras e pandeireteiras da Baña recibirán, o vindeiro sábado 17 de maio co gallo do Día das Letras Galegas, o IV Premio Daniel García Ramos, durante un acto, que se desenvolverá ás 11:00 horas na Escola Municipal de Música Emulio Andújar, en recoñecemento ao seu labor de transmisión da tradición oral e musical galega.

Un galardón que concede o Concello da Baña e co que se suma activamente ao espírito da Real Academia Galega (RAG), que decidiu dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, homenaxeando de xeito colectivo ás cantareiras e pandeireteiras.

A elección das cantareiras e pandeireteiras da Baña como receptoras do IV Premio Daniel García Ramos cobra un sentido especial, pois representa o “recoñecemento a un colectivo local que leva décadas mantendo viva a tradición oral no noso municipio“, indican dende o Concello. A súa contribución vai máis alá do musical pois forman parte da identidade cultural da Baña, transmitindo saberes, sonoridades e formas de relación comunitaria que fortalecen o tecido social e cultural da nosa contorna.

PUBLICIDADE

Ademais desta homenaxe coa entrega do galardón ás cantareiras e padeireteiras, o Concello da Baña quere lembrar tamén a importante presenza doutros colectivos, entidades e persoas que contribuíron e contribúen de maneira decisiva á preservación da narrativa oral do municipio. A Baña conta cun rico patrimonio inmaterial vencellado á tradición oral que tamén merecen ser recoñecidas. Este premio é, ademais, unha mostra de respecto e gratitude a ese conxunto plural que mantén viva a memoria colectiva.

O acto de entrega do premio ás cantareiras e pandeireteiras incluirá tamén a presentación da Banda da Escola Municipal de Música e a actuación de María Faltri, cun espectáculo titulado Coa pandeireta na man. Trátase dunha proposta que ofrece unha experiencia completa para todas as idades, na que música, xogos e tradición se entrelazan para garantir a vixencia do noso legado cultural, combinando aprendizaxe, entretemento e posta en valor da nosa historia musical.

A xornada de actividades deste sábado do Día das Letras Galegas, organizada pola Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía da Baña, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, pecharase cunha degustación de petiscos para compartir entre as persoas asistentes o acto de entrega do premio.

A actividade está organizada

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.