PUBLICIDADE

Brión fai unha dobre homenaxe, ás cantareiras e á poesía oral do municipio

Cantareiras e pandereteiras de Brión, moitas delas precursoras desta tradición durante a homenaxe a súa traxectoriaCantareiras e pandereteiras de Brión, moitas delas precursoras desta tradición durante a homenaxe a súa traxectoria

O Concello de Brión organizou un dobre acto, con gran participación veciñal, de homenaxe ás cantareiras Amalia García e Pilar Turnes, e o faladoirodo do ciclo ‘Brión, unha historia que contar’ sobre folclore

O Concello de Brión organizou e colaborou a pasada fin de semana un dobre acto, que consitiu nunha homenaxe ás cantareiras Amalia García e Pilar Turnes, e ás pandereteiras e a poesía oral do municipio. A situación meteorolóxica obrigou a trasladar ambos actos a cuberto, polo que tanto o salón de exposicións como, o auditorio do centro social polivalente estiveron ateigado de veciños e veciñas de todas as idades.

No primeiro dos actos, organizado pola Escola Municipal de Música e Baile Tradicional coa colaboración do Concello de Brión, rendéuselle unha merecida homenaxe ás cantareiras Amalia García (O RIal) e Pilar Turnes (Leboráns) pois foron “as que aprenderon de xeito natural nas súas casas e nos ensinaron a todas nós”, explicou Ana Fernández, directora da escola municipal.

O alcalde brionés, Pablo Lago, felicitou a todas as cantareiras e pandereteiras presentes no auditorio do polivalente, así como á Real Academia Galega pola súa pola súa “acertada decisión de dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado nas nosas cantareiras e pandereteiras”, e precisou admitiu recoñecer que moitas veces non ten nin idea de quen é a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas, “pero cando se falou de homenaxear ás cantareiras, de inmediato viñeron á miña mente varias caras e nomes da miña parroquia. Veciñas que xa non están connosco, veciñas que me alegra ver aquí entre as asistentes e moitas outras que non están hoxe aquí”.

PUBLICIDADE

Amalia García e Pilar Turnes sentaron no escenario coas súas pandeiretas e comezaron a contar anécdotas sobre os lugares nos que cantaban, en que festas, quen participaba… ao tempo que aproveitaron para cantar varias pezas que lles aprenderan as súas nais e avoas. O acto continuou coa participación das mulleres que puxeron en marcha as clases de pandeireta, creadas pola desaparecida Asociación de Mulleres Xuntanza e asumidas un par de anos despois polo departamento de Cultura do Concello de Brión.

Sobre o escenario do polivalente actuaron Adelina Lamas, Ana Villar, Aurora Lamas, Carmen Vázquez, Celia Hombre, Elena Nieto, Fina Vázquez, Mari Carmen Gómez, María Esperanza Cebro, Rosa Barbazán e Rosa Lamas. Antes de interpretaren varias pezas, algunha delas acompañadas por Amalia García e Pilar Turnes, tiveron unha mención especial “ás tocadoras que xa non están con nós e que tamén nos abriron as súas casas para ensinarnos”, explicou Ana Fernández.

Faladoiro do ciclo ‘Brión unha historia que contar’

Apenas unhas horas antes, xa que a foliada final se estendeu ata ben pasadas as 23:00 horas, tivo lugar na sala municipal de exposicións unha nova edición do ciclo Brión, unha historia que conta”, un faladoiro sobre folclore e tradición oral moderado pola brionesa Minia del Río Arca e introducido pola concelleira de Cultura, Sandy Cebral, e o xestor cultural de Brión, Alberto Álvarez.

A concelleira puxo en valor a importancia de “darlle a visibilidade social que merecen as nosas cantareiras e pandereteiras”, responsables dun movemento “no que as mulleres xogamos un papel central, tanto na creación como na preservación e transmisión da nosa cultura ata os nosos días”.

Faladoiro que forma parte do ciclo, Brión unha historia que contar, centrado na tradición oral e as cantareiras
Faladoiro que forma parte do ciclo ‘Brión unha historia que contar’ centrado na tradición oral e as cantareiras

Finalmente e antes de dar paso ao resto de poñentes, Sandy Cebral comprometeuse a que “dende a Concellería que dirixo, simplemente sinalar que tanto a poesía e a narración oral, como a música tradicional seguirán tendo un papel protagonista na programación cultural do Concello. Porque é o noso deber como Administración facer todo o posible para conservar o noso patrimonio inmaterial”.

No faladoiro tomarán parte o veciño e divulgador Luciano Pena, quen falou dos cantares e tradicións en Brión, así como da figura dun ilustre brionés natural de Lamiño: Lois Tobío, que recompilou gran parte destas cancións e poesía oral do municipio. Pola súa banda, a investigadora Natividad Rei analizou as letras das cantigas recollidas en Brión e puxo en valor a súa importancia como medio de conservación e transmisión da nosa historia.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.