PUBLICIDADE

O Mundial de Hip Hop sube ao máis alto do podio á agrupación de Narón Lil Team

Os deportistas integrantes do Lil Team, pertencentes á Academia Paso a Paso, conseguiron na súa casa o primeiro título mundial de hip hop coreográficoOs deportistas integrantes do Lil Team, pertencentes á Academia Paso a Paso, conseguiron na súa casa o primeiro título mundial de hip hop coreográfico

O Lil Team, da academia Paso a Paso, conseguiu o ouro na categoría ‘Júnior Large’ neste I Mundial de Hip Hop que acolleu en Narón a máis de 800 deportistas de ata 8 países

A agrupación Lil Team, da academia de baile Paso a Paso de Narón, alzáronse a pasada fin de semana co primeiro premio da primeira edición do Mundial de Hip Hop coreográfico que se disputou no Pazo da Cultura da cidade de Ferrolterra.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, felicitou aos gañadores ao remate da cita mundial, cos que conversou sobre esta experiencia, que suma un novo éxito para a citada agrupación de baile. O Concello e o Club Baile Deportivo Narón organizan este I Mundial de Hip Hop coreográfico, no que participaron máis de 800 deportistas procedentes de ata oito países.

A Liga Xunta de Galicia de Hip Hop, abriu o sábado pola mañá a fin de se semana do Mundial de Hip Hop. Ao remate da competición autonómica, deu comezo a cerimonia inaugural do primeiro WDSF Campionato do Mundo de Hip Hop, co traslado da bandeira ao escenario do Pazo da Cultura e a chegada dos participantes, que deu paso ao inicio das competición nas distintas categorías.

PUBLICIDADE

A última hora da tarde do sábado foi a quenda da disputa das finais nas categorías Junior Small, Adult Mega e Junior Large e finalmente procedeuse á entrega de premios, na que participaron, entre outros, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o secretario xeral da WDSF, Sergey Nifontov; e o presidente da FEBD, Luis Vañó.

          Na categoría Junior Large, os naroneses Lil Team alzáronse co primeiro premio, se ben o segundo foi para Jungle, de Francia, e o terceiro para os tamén españois Get Down. Na categoría de Adult Mega, os campións foron Da Family, a prata e o bronce foron para Havana Nights e Humans in Motion, as tres agrupación representando a España. Na categoría Junior Small os campións foron os tamén nacionais Beat It, superando aos Red Hats de Chipre, segundos, e a Magic Feet, tamén españois.

          As federacións mundial e estatal agradeceron a implicación do Concello de Narón e o CBD Narón con este evento deportivo, valorando o feito de que se levase a cabo na cidade, cunha ampla traxectoria no eido do baile deportivo. Pola súa banda, a rexedora local agradeceu a confianza das federacións mundial, estatal e autonómica para elixir Narón como sede deste I Mundial de Hip Hop e tamén o labor dos xuíces asistentes e do CBD Narón.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.