PUBLICIDADE

A IV Carreira de Orientación Concello de Ames contou con 240 inscritos

Un dos grupos participantes nesta IV Carreira de Orientación Concello de Ames que se disputou na Travesía do Porto na localidade do MilladorioUn dos grupos participantes nesta IV Carreira de Orientación Concello de Ames que se disputou na Travesía do Porto na localidade do Milladorio

A contorna da Travesía do Porto no Milladoiro acolleu, o pasado domingo 11 de maio, a cuarta carreira de orientación organizada polo Concello coa colaboración de Xesta Natureza

A IV Carreira de Orientación Concello de Ames, que se desenvolveu na contorna da Travesía do Porto no Milladoiro o pasado domingo 11 de maio, contou coa inscrición dun total de 240 deportistas dos que o 70 por cento tomaron a saída nunha proba que se dividiu en tres categorías: Xestiñas, Xestas e Xesteiras, en función da dificultade, e que organizou o Concello coa colaboración de Xesta Natureza.

Unha carreira de orientación é unha competición deportiva de campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible, pasando por puntos determinados no terreo ou balizas. Nesta IV Carreira de Orientación Concello de Ames, as persoas participantes contaron cunha tarxeta electrónica para ir rexistrando o seu paso polas balizas do percorrido, que se debían completar en orde.

A categoría Xestiñas, dirixida á rapazada, foi a máis sinxela física e tecnicamente, e contou cun percorrido por debaixo dos 3 quilómetros. Na categoría Xestas, de dificultade intermedia, non se superaron os 4 quilómetros, e participaron adultos con coñecementos previos sobre a orientación, e por último, a categoría de maior dificultade, Xesteiras, foi a proba máis esixente a nivel físico, cun circuíto de máis de 5 quilómetros, e que requiriu de experiencia na disciplina.

PUBLICIDADE

Na categoría Xestiñas, o grupo Alluhuia, composto por 4 participantes, foi o primeiro en completar o percorrido cun tempo de 19:33 minutos, por diante dos tamén catro integrantes do Marronios (20:12 minutos), e dos 6 participantes de Los Hobbits que pecharon o podio desta categoría da carreira de orientación cun tempo de 22:19 minutos.

O grupo composto por 3 integrantes, Nespereira, foi o vencedor na categoría Xestas, completando o percorrido cun tempo de 18:10 minutos, superando na liña de meta a Manuel Bouzas Junquera (18:57 minutos), segundo, e aos dous participantes do equipo Cibreiro, que foron terceiros parando o crono en 19:23 minutos.

Por último, na categoría Xesteiras o primeiro foi Álvaro Rodríguez Pais cun tempo de 20:25 minutos, superando na meta aos dous participantes de Entrenadores Pokemon, segundo cun tempo de 20:47 minutos, e aos tres integrantes de Slashhh que lograron a terceira posición cun tempo de 22:39 minutos. Nesta ligazón podes consultar as clasificacións ao completo desta IV Carreira de Orientación Concello de Ames.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.