PUBLICIDADE

Máis de medio cento de veciños do Pino completan a cuarta etapa do Camiño Inglés

Os participantes na cuarta etapa do Camiño Inglés, iniciativa organizada polo Concello do Pino e que forma parte do programa 'Camiña e Descubre'Os participantes na cuarta etapa do Camiño Inglés, iniciativa organizada polo Concello do Pino e que forma parte do programa 'Camiña e Descubre'

A cuarta etapa do Camiño Inglés forma parte do programa do Concello do Pino Camiña e Descubre, que terá a súa continuidade no mes de setembro coa organización das cinco etapas que restan para chegar a Compostela

Máis de medio cento de veciños do Concello do Pino completaron, o 31 de maio, a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Montecelo en Paderme e Santo Estevo de Cos en Abegondo. Durante a xornada, tiveron ocasión de gozar das fermosas paraxes da ría de Betanzos e repuxeron forzas no bar Carabel de Meangos.

As seguintes etapas do itinerario polo Camiño Inglés terán a súa continuidade no mes de setembro, no marco do programa Camiña e Descubre organizado polo Concello do Pino e que suma con esta a súa oitava edición. Unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar unha vida activa e saudable ao tempo que promove o coñecemento cultural das distintas rutas xacobeas, nesta ocasión o Camiño Inglés.

Así, a partir de setembro, avanzou o Concello do Pino, se realizarán as cinco etapas que restan para completar o Camiño Inglés que se desenvolverán, como vén sendo habitual, o terceiro sábado de cada mes.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.