PUBLICIDADE

Altri afirma que a planta de Palas de Rei será de uso téxtil

PorBisbarra

Xoves, 5 Xuño 2025 , , , ,
Detalle Proyecto Paisaxístico de GAMA

A través dun comunicado aos diferentes medios de comunicación galegos, Altri explica que a planta que plantexa crear en Palas de Rei producirá fibras procedentes da madeira de eucalipto que adicará unicamente á industria téxtil. Confirma que non a utilizará para a produción de papel.

En declaracións de Gabriel Sousa, director de Innovación de Altri: “O sector da moda necesita fibras téxtiles biodegradables e, en Europa, o proxecto GAMA vén dar resposta a esa necesidade, coa produción de lyocell e de fibras solubles de madeira destinadas exclusivamente ao sector téxtil. A isto hai que engadir a reciclaxe téxtil, que se incorporará ao proceso nunha segunda fase”.

Engadiu que “actualmente, existen proxectos de investigación, que estamos a seguir de preto, pero ningún deles ten escala industrial, por iso, contar cunha planta industrial de fibras téxtiles, como o Lyocell, daranos a forza necesaria para o desenvolvemento de proxectos de reciclaxe, que se iría incorporando paulatinamente ao proceso de produción”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.