PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial crea un grupo de coordinación entre administracións

Reunión técnica das institucións implicadas na candidatura de Ferrol para ser recoñecida Patrimonio Mundial pola UnescoReunión técnica das institucións implicadas na candidatura de Ferrol para ser recoñecida Patrimonio Mundial pola Unesco

Rey Varela anunciou a creación deste grupo da candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco tras a reunión técnica do Concello coa Xunta, a Armada e a Deputación

A candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial vén de crear un grupo de coordinación entre as distantas administracións e entidades implicadas, segundo explicou o alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela, tras a xuntanza técnica que contou coa presenza de representantes da Xunta, da Deputación da Coruña, e da Armada do Arsenal de Ferrol.

A reunión, que se desenvolveu o pasado 2 de decembro, serviu para analizar e avaliar o estado do expediente da candidatura Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial da Unesco, e na que participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o almirante xefe do Arsenal Militar, Gonzalo Villar, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o experto internacional en patrimonio mundial, Alfredo Conti.

“Constituír este grupo é un novo e importante paso no requerimento que nos formulou Conti no marco da xestión que cremos que é un ámbito no que poderemos avanzar a través deste grupo”, asegurou o rexedor ferrolán quen avanzou ademais que “este equipo reunirase con carácter semestral” e agradeceu, “en nome da cidade”, a xenerosidade das partes implicadas para continuar no camiño cara a declaración da cidade de Ferrol como Patrimonio Mundial da Unesco.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Rey Varela lembrou que no ano 2007 Ferrol conseguiu entrar na lista indicativa e agarda e incidiu, en referencia a creación deste grupo de coordinación que favorecerá a consecución da declaración, en que “coma sempre digo que non hai reto grande se traballamos xuntos”.

“Hoxe estamos catros administracións públicas demostrando que traballamos para continuar e coller con máis forza para o camiño que nos queda. Un labor no que é magnífico contar con Conti como coordinador para acadar a declaración de Patrimonio Mundial para Ferrol”

Pola súa banda, o conselleiro López Campos puxo en valor o traballo feito nos últimos anos polas partes implicadas “avanzando a nivel de activación social e de recoñecemento da candidatura”, e reiterou tras a xuntanza o compromiso do Goberno galego para que a proposta, incluída na Lista indicativa nacional na que se recollen os bens susceptibles de ser presentados a Patrimonio da Humanidade, “avance correctamente de cara a ser valorada como candidata ao máximo recoñecemento da Unesco, o que leva consigo un intenso traballo como estamos a experimentar no caso da Ribeira Sacra”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.