PUBLICIDADE

O Castro do Sarridal preto de finalizar a última campaña arqueolóxica de conservación

O xacemento do Castro do Sarridal está a pirques de rematar a súa última campaña de conservación, cofinanciada pola Xunta e polo Concello de CedeiraO xacemento do Castro do Sarridal está a pirques de rematar a súa última campaña de conservación, cofinanciada pola Xunta e polo Concello de Cedeira

O Castro do Sarridal en Cedeira recibiu a visita da delegada da Xunta en Ferrol que puxo en valor os traballos de conservación que se están a desenvolver e que contan cun financiamento autonómico de 17.303 euros

O xacemento do Castro do Sarridal recibiu, a finais de maio, a visita da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez. Aneiros supervisou os traballos da última campaña de escavación arqueolóxica no Castro do Sarridal, no Concello de Cedeira, financiada polo Goberno galego.

A actuación no xacemento, que conta cun investimento autonómico de 17.303 euros, céntranse no acceso ao castro baixo e no actual camiño de acceso a Punta Sarridal, entre a torre defensiva e a continuación do foxo, e ten por obxecto documentar as estruturas desta área: torre, muro con vano, foxo e pavimentos.

Segundo explicou o director de campaña no xacemento, Emilio Ramil, os labores que se prolongarán previsiblemente ata o venres 6 de xuño, permitirán ademais realizar o deseño para a colocación posterior dun novo acceso que substitúa o camiño asfaltado actual, o que permitirá unha visión máis completa das estruturas e unha mellor comprensión do conxunto arqueolóxico.

PUBLICIDADE

Tal e como avanzou Martina Aneiros, está previsto executar unha segunda campaña de escavación este ano ni xacemento valorada en 15.000 euros, para recuperar o camiño desmontado por esta actuación de investigación e posta en valor.

A delegada territorial destacou que o traballo que se está a desenvolver no xacemento do Castro do Sarridal nos últimos anos é un reflexo do compromiso da Xunta coa conservación e posta en valor do patrimonio cultural galego e apuntou á súa importancia á hora de aproveitalo como recurso turístico e de identidade cultural.

O Castro do Sarridal é un xacemento fortificado da idade do Ferro, de tipo costeiro, inaccesible dende o mar e defendido dende terra por dúas murallas precedidas polos seus respectivos fosos. Dende 2017 este xacemento está sendo escavado a través de diferentes campañas arqueolóxicas financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e o Concello de Cedeira.

O máis destacado destas actuacións foi a localización dunha estrutura tipo sauna das denominadas monumento con forno, das que se conservan moi poucas en todo o noroeste peninsular.

O xacemento do Castro do Sarridal está a  pirques de rematar a súa última campaña de conservación, cofinanciada pola Xunta e polo Concello de Cedeira
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.