PUBLICIDADE

Catuxa Salom presenta o seu primeiro elepé ‘Cāldo’

PorBisbarra

Mércores, 5 Novembro 2025 , , , ,
A artista galega Catuxa Salom, acompañada por Yudit Almeida e Lucía Cortiñas, presentará o disco cun directo no Teatro Jofre de Ferrol o 14 de novembroPortada de 'Cāldo', primeiro elepé de Catuxa Salom que presentará no Teatro Jofre de Ferrol o 14 de novembro

A artista galega Catuxa Salom, acompañada por Yudit Almeida e Lucía Cortiñas, presentará o disco cun directo no Teatro Jofre de Ferrol o 14 de novembro

A artista galega Catuxa Salom presentará o seu primeiro elepé, Cāldo, no Teatro Jofre de Ferrol, o  14 de novembro, a partir das 20:30 horas. A presentación consistirá nun formato en directo do trío conformado por Catuxa Salom, guitarra e voz; Yudit Almeida, contrabaixo, sintes e coros; e Lucía Cortiñas, percusións e coros, nun espectáculo no que cobrarán especial importancia os elementos visuais. 

Catuxa Salom, que xa irrompera na escena independente estatal coa publicación do seu epé debut Nunha aldea, achega agora co seu primeiro elepé Cāldo un traballo conceptual que reflicte o duro espertar ao se decatar de que a vida na aldea non é idílica. Cheo de emocións profundas, pon en valor o papel crucial dos coidados e a amizade como rede de apoio. 

A través de nove temas e con fío condutor a auga, Catuxa mergúllanos nun universo sonoro único e ecléctico, nunha fusión con raíces porteñas e folclore galego desde a aldea de Lugo que a acolle. Pandeiretas, sintetizadores, bombos e legüeros tecen unha paisaxe musical rica e particular, na que o baile e o goce son esenciais. A auga asóciase co caldo, un alimento reconfortante que simboliza a calidez e o coidado. “Na niña casa nunca che faltará unha cunca de caldo”, afirma a artista galega. 

PUBLICIDADE

Todos os interesados en acudir á presentación do primeiro elepé de Catuxa Salom, no Teatro Jofre o 14 de novembro ás 20:30 horas, poden adquirir as súas entradasa través da páxina web ATaquilla a un prezo de 8 euros.  

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.