PUBLICIDADE

O Outono a escena de Arzúa estréa novembro con teatro e un concerto da Rondalla Moraima

O Outono a escena de Arzúa estréa o mes de novembro con teatro e un concerto da Rondalla MoraimaEspectáculo de teatro cómico Neura da compañía De Ste Xeito Producións que abrirá o mes de novembro do Outono a escena

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para esta fin de semana, as dúas primeiras actuacións do mes de novembro incluídas na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana de outono con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

O certame Outono a escena ofrece este venres, 7 de novembro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co espectáculo de teatro cómico Neura da compañía De Ste Xeito Producións. Trátase dunha comedia que aborda o tema da saúde mental. A función comezará ás 21:00 horas na Capela da Madanela e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.

Por outra banda, o sábado día 8 novembro, o Outono a escena pásalle a testemuña á Rondalla Moraima ofrecerá o terceiro dunha serie de concertos con motivo da conmemoración do seu 25 aniversario. Desta vez a formación arzuá deleitará ao público co espectáculo titulado Música sen palabras cun repertorio composto unicamente por pezas clásicas. A cita será a partir das 19:00 horas na Capela da Madanela.

PUBLICIDADE
O Outono a escena de Arzúa estréa novembro con teatro e un concerto da Rondalla Moraima
A Rondalla Moraima ofrecerá un concerto dentro do programa cultural Outono a escena de Arzúa
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.