PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Cineuropa afonda no cinema como manifestación da liberdade

Acto de presentación de Cineuropa 2024 co director do festival, José Luis Losa, cuarto pola dereita, xunto aos representantes do Goberno de Santiago e da corporación MunicipalActo de presentación de Cineuropa 2024 co director do festival, José Luis Losa, cuarto pola dereita, xunto aos representantes do Goberno de Santiago e da corporación Municipal

Cineuropa, que conta con máis de 130 filmes programados, ademais de concertos, debates ou encontros con cineastas, comezou onte coa proxección de ‘En Fanfare’

A 38ª edición do festival Cineuropa deu onte o seu pistoletazo de saída coa proxección, no Salón Teatro de Santiago, do filme francés Por todo o alto (En Fanfare), de Emmanuel Courcol, nunha nova edición de Cineuropa que programou máis de 130 filmes, ademáis de concertos, debates, encontros con cineastas, ou actividades formativas, que se desenvolverán en Compostela ata o vindeiro 24 de novembro. Unha película, que deu inicio ao Cineuropa 2024, que tivo a súa estrea oficial no último Festival de Cannes e que gañou o premio do público no Festival de San Sebastián.

Esta nova edición de Cineuropa terá como eixo principal a arte e a cultura como soporte e vía de expresión e manifestación da liberdade e da democracia, tal como adiantaron a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, durante a presentación do festival que ten como pano de fondo a reflexión sobre a democracia e as súas representacións na pantalla, baixo o lema O corazón do cinema é a liberdade.

Tras facer un percorrido polos filmes esenciais desta 38ª edición, José Luis Losa reivindicou “o cinema como elemento basal da cultura” e insistiu na “súa capacidade de mobilizar a sociedade e construír imaxinarios colectivos”, mentres que Louzao parabenizou á organización “por tecer unha programación que pon en valor o poder do cinema na análise e no retrato dos contextos sociais e políticos e que apela a un público, como sabemos que o é, o de Compostela, crítico e de ollada comprometida”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Así, do 7 ao 24 de novembro, Cineuropa converterá a Compostela na capital do cinema internacional, ofrencendo os filmes máis destacados dos circuítos mundiais, nun auténtico crisol de olladas e procedencias. Destacan na programación os franceses François Ozon (Cando cae o outono/ Quand vient l’automne), Bruno Dumont (O imperio / L’Émpire) ou Quentin Dupieux (Le deuxième acte / O segundo acto); a británica Andrea Arnold (Bird) e o seu compatriota Mike Leigh (Hard Truths / A miña única familia), alén do italiano Paolo Sorrentino (Parthenope), o portugués Miguel Gomes (Grand Tour) ou o norteamericano Paul Schrader (Oh Canada), entre outros.

Elías Siminiani é xa un vello coñecido do público de Cineuropa, no que estreou Mapa e Apuntes para una película de atracos. Tamén é autor dos rigorosos documentais para televisión El caso Asunta e Los crímenes de Alcasser. Agora volve ao festival para estrear a serie El circo de los muchachos. Nos seus cinco episodios, que se poderán ver o sábado 16 de novembro no Teatro Principal.

PREMIOS CINEUROPA 2024

Na súa 38ª edición, Cineuropa distingue a traxectoria director ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid Garcia-Jonsson, e o a realizadora brasileira Flávia Castro. A entrega do galardón a Gracia terá lugar o martes 12 no Teatro Principal, nun acto que incluirá a proxección da súa película La Parra, que acaba de recibir o premio da sección Alquimias da Seminci.

Ingrid García-Jonsson recollerá o seu premio Cineuropa o xoves 14 tamén no Teatro Principal, nunha gala que gardará lugar para a proxección de Una ballena, o seu traballo máis recente baixo a dirección de Pablo Hernando.

Finalmente, a realizadora brasileira Flávia Castro, cuxo cinema explora a memoria da ditadura en Brasil recibirá a máxima distinción do festival o mércores 20 no Salón Teatro. O seu cinema foi coñecido xa polo público de Cineuropa en 2018 coa proxección da súa ficción Deslembro. Agora presentará Diário de uma busca, a partir dos recordos da súa propia infancia como refuxiada brasileira no Santiago bombardeado durante o golpe de Pinochet.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.