PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Comeza o Torneo de Pádel Concello da Baña con récord de inscritos

Presentación da terceira edición do Torneo de Pádel Concello da Baña que comezou hoxe con récord de inscritosDúas das parellas finalistas na pasada edición, a segunda, do Torneo de Pádel Concello da Baña

Un total de 45 parellas compiten dende hoxe e ata mañá, no pavillón de Lañas, por acadar o título desta terceira edición do Torneo de Pádel Concello da Baña

O III Torneo de Pádel Concello da Baña bota hoxe a andar no pavillón de Lañas cun total de 45 parellas, o que supón un récord de inscricións dun campionato que remata mañá coa disputa das finais nas cinco categorías das que se compón: 2ª masculina e feminina, 2ª mixta, 3ª feminina e iniciación feminina.

Os cadros de xogo así como as bases do campionato pódense consultar na páxina web municipal, e ante a alta inscrición a organización desta edición do Torneo de Pádel Concello da Baña viuse obrigado a anunciar que non se disputarán as finais de consolación, e as parellas que queden eliminadas poderán reservar pista para xogar nos horarios que estean libres.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.