PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Máis de 28.000 persoas participaron na XII Concentración de Vehículos Históricos na praza do Obradoiro de Santiago

A exposición contou con 163 vehículos históricos, completando o cupo establecido pola organización, sendo o máis antigo un Citroën 5 CV de 1924

Máis de 28.000 persoas participaron na XII Concentración de Vehículos Históricos Xornadas de Patrimonio, organizada por Compostela Monumental, o Automóbil Club de Galicia e o Concello de Santiago.

Dende as 11:00 horas do pasado sábado 21 de setembro, a Praza do Obradoiro acolleu a exposición da concentración con 165 vehículos clásicos, completándose uns días antes o cupo de inscricións que establecera a organización.

Decenas de miles de persoas achegáronse ata a praza do Obradoiro para contemplar os centos de vehículos de diferentes épocas da historia do automóbil, dende os anos vinte ata 1989, atigüidade límite establecida pola organización desta nova edición, que tivo como vehículo máis antigo un Citroën 5 CV do ano 1924.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Unha das concentracións de vehículos históricos máis importante de Europa

“Esta concentración xa se converteu nunha das máis importantes de Europa das que organizan a FIVA e FEVA coincidindo coas Xornadas de Patrimonio e que contribúe a dinamizar o centro histórico e outras zonas da cidade durante dous días”, indicou José Manuel Bello, presidente de Compostela Momumental e da Confederación Española de Centros Históricos (COCAHI).

Juan Carlos Pérez Otero, presidente do Automóbil Club de Galicia, explicou que tiveron que poñer o corte de vehículos participantes en 165 para “garantir a seguridade e preservar o entorno patrimonial do Obradoiro” e que “120 solicitudes quedaron fóra, o que di moito desta concentración, xa plenamente consolidada”.

O concelleiro de Mobilidade de Santiago, Xan Duro, valorou a xornada como “espléndida para o disfrute da veciñanza e dos visitantes e turistas, cun moi bo ambiente, e a boa imaxe que unha vez máis lle deu á cidade”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.