PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O luns comezan as charlas sobre aforro enerxético nos fogares

PorBisbarra

Venres, 20 Setembro 2024 , , ,
Faranse nas parroquias para facilitar a información a toda a veciñanza

Este luns, 23 de setembro, comezan as charlas sobre aforro enerxético nos fogares. Enmarcadas no convenio de colaboración subscrito coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), estes pequenos talleres levaranse a cabo todos os lunes en horario de 19.30 horas da tarde nas distintas casas comúns ou locais sociais do Concello. Faranse en cada unha das parroquias do municipio para así facilitar a asistencia das persoas interesadas.

Nestas charlas, levadas a cabo polo profesor asociado da USC, Juan Verdes, que todas as semanas presta o servizo do bono social no Concello, búscase aconsellar aos veciños e educalos en materia enerxética, así como axudarlles a coñecer e a entender as facturas enerxéticas e recibir consellos para aforrar.

Do mesmo xeito, tamén se asesorará aos participantes para saber se poden solicitar o bono social eléctrico e cales son os requisitos que debe cumprir unha persoa para ser considerada consumidora vulnerable. 

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.