PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O concurso de tapas ‘Ortigueira a bocados’ elixe os mellores petiscos da vila

O certame de tapas busca desestacionalizar e potenciar o turismo gastronómico, fomentar as elaboracións cos produtos locais e dinamizar o sector

O II Concurso de Tapas Ortigueira a bocados terá lugar os vindeiros días 11, 12 e 13 de outubro, segundo informou o Concello durante a presentación o pasado 12 de setembro. Unha iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo que busca potenciar a cultura gastronómica local, dinamizar o sector hostaleiro e fomentar o turismo no municipio, promovendo a desestacionalización do mesmo.

A participación nesta segunda edición do certame está aberta a todos os establecementos hostaleiros do municipio, sen importar a súa categoría, que queiran poñer en valor a súa cociña a través da dos petiscos e tapas innovadoras elaboradas con produtos locais.

Cada establecemento participante terá que presentar unha tapa, dulce ou salgada, que deberá elaborarse con produtos autótonos destacando a riqueza e a calidade da despensa local. O local que elabore o petisco máis votado polo público, recibirá un recoñecemento como gañador do concurso de tapas, II Ortigueira a bocados.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ademais, ofrecerase un incentivo adicional entre todos a persoas que depositen os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin durante a fin de semana do concurso, entrando nun sorteo dun vale de 100 euros para gastar en calquera dos establecementos participantes.

As tapas e os petiscos dos diferentes establecementos participantes no Ortigueira a Bocados, estarán dispoñibles ao público durante os tres días do concurso cun prezo fixo de 3 euros por tapa, e poderán desgustarse en horarios especiais: venres e sábado, de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 21:30 horas; e o domingo, dende as 13:00 ás 15:00 horas.

A concelleira de Turismo, Isabel Rego, explicou durante a presentación, que se trata dun evento que supón unha oportunidade única para que os hostaleiros mostren a súa creatividade, e para que visitantes e veciñanza poidan redescubrir Ortigueira a través da súa variada oferta culinaria.

Agardamos que Ortigueira a bocados contribúa a posicionar o municipio como destino gastronómico de referencia na provincia”

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.