O Concello busca co Concurso de Tapas desestacionalizar e potenciar a gastronomía local e dinamizar o sector hostaleiro
O II Concurso de Tapas Ortigueira a bocados terá lugar os vindeiros días 11, 12 e 13 de outubro, segundo informou o Concello durante a presentación o pasado 12 de setembro. Unha iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo que busca potenciar a gastronomía local, dinamizar o sector hostaleiro e fomentar o turismo no municipio, promovendo a desestacionalización do turismo.
A participación nesta segunda edición do certame de tapas está aberto a todos os establecementos hostaleiros do municipio, sen importar a súa categoría, que queiran poñer en valor a súa cociña a través da elaboración de petiscos innovadores con produtos locais. Cada establecemento participante terá que presentar unha tapa, dulce ou salgada, que deberá elaborarse con produtos autótonos destacando a riqueza e a calidade da despensa local.
O local que elabore o petisco máis votado polo público, recibirá un recoñecemento como gañador do Concurso de Tapas. Ademais, ofrecerase un incentivo adicional entre todos a persoas que depositen os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin, entrando nun sorteo dun vale de 100 euros a gastar en calquera dos establecementos participantes.
HORARIOS ESPECIAIS PARA DEGUSTAR AS TAPAS
As tapas e os petiscos dos diferentes establecementos participantes no Ortigueira a Bocados, estarán dispoñibles ao público durante os tres días do concurso cun prezo fixo de 3 euros por tapa, e poderán desgustarse en horarios especiais: venres e sábado, de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 21:30 horas; e o domingo, dende as 13:00 ás 15:00 horas.
A concelleira de Turismo, Isabel Rego, destacou durante a presentación do II Concurso de Tapas Ortigueira a bocados, que se trata dun evento que supón unha oportunidade única para que os hostaleiros mostren a súa creatividade, e para que os visitantes e a veciñanza poidan redescubrir Ortigueira a través da súa variada oferta culinaria.
Ademais, indicou a concelleira, agardamos que Ortigueira a bocados contribúa a posicionar o municipio como destino gastronómico de referencia na provincia.
Con ‘Ortigueira a bocados’ queremos seguir apostando pola promoción da nosa gastronomía e o impulso da economía local, ao tempo que ofrecemos á veciñanza e visitantes a oportunidade de desfrutar das delicias que os nosos hosteleiros preparan con esmero”