Dani Martín súmase así ás outras dúas cabezas de cartel, Katy Perry e Linkin Park que co seu anuncio conseguiron vender 30.000 abonos en tan só 90 minutos
Dani Martín e o novo cabeza de cartel do O Son Do Camiño 2026, así o anunciou esta mañá a organización do festival. O cantante é un dos artistas españois máis influentes, carismáticos e populares das últimas dúas décadas que conta cunha traxectoria que marcou a varias xeracións, primeiro á fronte do Canto del Loco e posteriormente na súa exitosa carreira en solitario.
Proba diso é o logro sen precedentes que acaba de asinar: dez concertos consecutivos con todas as entradas esgotadas no emblemático Palacio dos Deportes de Madrid, reunindo a preto de 170.000 asistentes entre todas as datas. Un fito histórico que confirma o extraordinario momento artístico que vive e que converte a súa presenza no Son Do Camiño 2026 nun dos anuncios máis esperados do ano.
Dani Martín únese así ás dúas cabezas de cartel xa desvelados: Katy Perry, icona global do pop cunha carreira repleta de números uno e actuacións memorables nos escenarios máis importantes do planeta; e Linkin Park, unha das bandas máis influentes da historia do rock contemporáneo, cuxo regreso aos grandes festivais xerou unha enorme expectación mundial.
A forza combinada destes dous primeiros nomes xa impulsara novas cifras récord: máis de 30.000 abonos vendidos en só 90 minutos, demostrando novamente a potencia do festival e a fidelidade do seu público.
O Son Do Camiño regresará en 2026 ao que xa é considerado un dos recintos máis emblemáticos do país, o Monte do Gozo. Un festival impulsado pola Xunta de Galicia a través de Concertos do Xacobeo, e coa clara determinación de superar todas as súas marcas históricas en asistencia, impacto internacional e excelencia artística.
Desde a súa edición fundacional, Estrella Galicia consolidouse como o principal patrocinador privado e partner estratéxico de O Son Do Camiño, acompañando ao festival en cada un dos seus fitos e contribuíndo de maneira decisiva ao seu crecemento e proxección internacional. O seu compromiso coa cultura, a música en directo e o talento local ha convertido esta alianza nun piar fundamental do evento, reforzando unha colaboración que vai moito máis alá do patrocinio e que forma parte da identidade do festival desde o seu nacemento.
Desde o seu debut en 2018, o festival esgotou todas as edicións, atraendo a miles de asistentes dos cinco continentes e consolidando a Galicia como unha parada imprescindible no circuíto global de festivais. O Son Do Camiño está producido polas promotoras galegas Esmerarte Industrias Creativas e Bring The Noise, que continúan apostando por un proxecto concibido en Galicia, desde Galicia e para o mundo.



