Na Escola de Teatro poderán participar persoas adultas e mozas a partir dos 3 anos, e as clases desenvolveranse polas tardes ao longo do curso
A inscrición na Escola de Teatro Municipal do Concello de A Baña remata o vindeiro 26 de setembro. Unha inciativa dirixida a todas as persoas adultas e mozas dende os tres anos de idade, e cuxas clases desenvolveranse en horario de tarde coincidindo co calendario escolar.
A Escola Municipal de Teatro da Baña ten a finalidade de ofrecer á veciñanza do concello a posibilidade de adquirir nocións básicas e medias de artes escénicas. O curso ten unha duración total de 10 meses, cos festivos e vacacións correspondentes co calendario escolar oficial.
Prazo e inscrición na Escola de Teatro
O prazo para formalizar as solicitudes é de 10 días hábiles dende o pasado 12 de setembro, polo que o último día para entregalas é o 26 de setembro. Aquelas solicitudes que se presenten fóra de prazo, pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda, coa que se cubrirán as posibles vacantes, por orde de presentación. As bases e o formulario de solicitude, así como a orde de domiciliación de recibos e as autorizacións de imaxe, poden descargarse a través deste enlace da web do concello.
Os prezos, segundo indica o Concello, determinaranse de forma exacta no momento da aprobación da listaxe provisional de admitidos, e os pagamentos realizaranse de xeito trimestral, cun primeiro cargo transcurridos os primeiros tres meses, un segundo cando pasen os tres meses seguintes e o último que aboarase a final do curso e que se corresponderá coas catro últimos meses.