PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O ciclo Fusa Guillén sube o pano coa obra do grupo de teatro Teresa Bouza

O ciclo Fusa Guillén comeza este dominggo coa obra do grupo de teatro Teruca BouzaO ciclo Fusa Guillén comeza este domingo coa obra do grupo de teatro Teruca Bouza 'Unha luz na noite'

O ciclo Fusa Guillén de Cederia tamén inclúe as representacións de Oquetiqueiras e Muñeiras do Vento, elixidas entre as 12 compañías que se presentaron á convocatoria

O ciclo Fusa Guillén de teatro afeccionado, organizado polo Concello de Cedeira, subirá o pano desta edición, o vindeiro domingo 17 de novembro (19:00 horas) no Auditorio Municipal, coa representación Unha luz na noite do grupo de teatro mugardés Teruca Bouza, e que foi unha das tres compañías elixidas para o ciclo entre as 12 que se presentaron á convocatoria do Fusa Guillén.

Unha luz na noite, que abre o ciclo Fusa Guillén, é unha comedia que leva ao espectador por unha viaxe de sentementos que o fai reflexionar sobre como afrontar a vida en parella. Xunto a esta representación do grupo de teatro Teruca Bouza, foron seleccionadas outras dúas compañías que completarán o ciclo os días 30 de novembro e 1 de decembro.

O último día do mes, será a quenda das ferrolás Oquetiqueiras do Grupo Bazán, coa súa obra Ora Pro Nobis no Auditorio ás 20:00 horas. Trátase dunha comedia que se desenvolve nun convento perdido nun monte con tres atípicas monxas, un estraño cura e unha noviza na procura dunha insegura vocación que agarda atopala nesta comunidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
As ferrolás Oquetiqueiras do Grupo Bazán, levarán ao escenario do ciclo Fusa Guillén a súa obra 'Ora Pro Nobis'
Oquetiqueiras do Grupo Bazán, representarán no escenario do Auditorio a obra ‘Ora Pro Nobis’ o día 30

O grupo Muñeiras do Vento, da asociación cultural Muíño do Vento de Canido, en Ferrol, pechará o ciclo Fusa Guillén, o 1 de decembro a partir das 19:00 horas, tamén no Auditorio Municipal, coa sua obra Heroínas cotiás, na que fala do día a día das mulleres do cotidiá, máis aló das mulleres con sona, e coas que compartimos a vida, a historia, as experiencias, as esperanzas, as decepcións, os obxectivos…

As ferrolás do grupo Muñeiras do Vento pecharán o Fusa Guillén con 'Heroínas cotiás' o 1 de decembro
As ferrolás do grupo Muñeiras do Vento pecharán o Fusa Guillén con ‘Heroínas cotiás’ o 1 de decembro

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.