PUBLICIDADE

Marcos Valcárcel recibe unha homenaxe co gallo dos 15 anos do seu falecemento

O Centro Cultural da Deputación acolleu a homenaxe a Marcos Valcárcel co gallo dos 15 anos do falecemento do intelectual ourensánO Centro Cultural da Deputación acolleu a homenaxe a Marcos Valcárcel co gallo dos 15 anos do falecemento do intelectual ourensán

O Centro Cultural Marcos Valcárcel, dependente da Deputación de Ourense, homenaxeou ao historiador e xornalista ourensán que lle dá nome a este espazo cultural de referencia na cidade e na provincia. Quince anos sen Marcos Valcárcel foi o título da xornada de lembranza organizada por amigos e xente da cultura que tivo relación co intelectual, cando se cumpren 15 anos do seu falecemento.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou no acto no que varias persoas que tiveron relación con Valcárcel leron textos dedicados ao historiador ourensán, a maioría deles poesías. Foi unha breve lembranza persoal dende a amizade, con intervencións de autores como Afonso Vázquez Monxardín ou Xosé Lois Carrión. Ademais, tamén houbo representación da familia, coa participación de Fiz Valcárcel, irmán do falecido.

O grupo de música Brasas puxo o broche á xornada, na que Marcos Valcárcel se converteu nun elemento básico de encontro, poñendo en valor o carácter afable e de consenso que caracterizou ao intelectual ourensán.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.