O grupos tradicionais As atrevidas de Montealto, Trío DeTres, As Maianas e os gaiteiros da Escola de Música Tradicional amenizaron a feira
A música tradicional foi a gran protagonista da Feira da Re-Volta da Baña, unha celebración coa que o Concello lembra cada ano as tradicionais feiras dos anos 50 do século pasado. A carballeira de Seilán foi o escenario, o pasado 15 de setembro, desta romería, na que a veciñanza desfrutou coa música, o baile, cun xantar ao aire libre, así como de xogos populares.
A sesión matinal, desta Feira da Re-Volta, estivo amenizada polas Atrevidas de Montealto e polos gaiteiros da Escola de Música Tradicional da Baña, unha vez celebrada a misa na capela. Ao remate dos bailes da sesión vermú, a veciñanza e visitantes que se achegaron á feira, compartiron un xantar na mesma carballeira cun menú a base de churrasco, callos, orellas, chourizos e viño.
Máis música e xogos populares pola tarde
Xa pola tarde, o Trío DeTres amenizou a sobremesa, antes do comezo dos xogos populares. As Maianas baixaron o pano desta Feira da Re-Volta da Baña, nunha actuación moi aplaudida.