A brionesa Noela Rivas presentou ‘Poder non é querer’ na Casa da Cultura nun acto que forma parte dos encontros literarios mensuais da Biblioteca Municipal
A brionesa Noela Rivas Cantelar vén de presentar a súa primeira novela, Poder non é querer, editada por Galaxia e coa que debuta como escritora. A pesar da súa mocidade, Noelia Rivas, conta cunha destacada traxectoria dentro do mundo literario, gañando no 2016 o certame autonómico da 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto por Bagoas de madrugada, e foi finalista da edición en castelán con relato Susurro de nostalgia.
A sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Brión acolleu a presentación da novela de Noela Rivas, nun acto que estivo organizado, o pasado xoves 14 de novembro, pola Biblioteca Municipal, dentro dos seus encontros literarios mensuais e que contou coa asistencia de numeros veciños.
Poder non é querer é unha novela na que Noela Rivas narra a historia de Mariña, que esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou nunha tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral auto destrutiva na que estivo inmersa nos últimos meses.