PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os Premios Paraugas elixen Ferrol para a súa gala por segundo ano consecutivo

Presentación da gala dos IX Premios Paraugas da Comunicación que se entregarán o día 22 no Teatro Jofre de FerrolPresentación da gala IX Premios Paraugas do Clúster da Comunicación que se entregarán o día 22 no Teatro Jofre de Ferrol

Ferrol será de novo o escenario do acto de entrega dos Premios Paraugas aos mellores traballos de comunicación, márketing, publicidade e eventos, o venres 22

A novena edición dos Premios Paraugas volverá a ter o Teatro Jofre de Ferrol como sede da súa gala anual, o venres 22 de novembro, na que se distinguen os mellores traballos e estratexias de creatividade, deseño, edición, impresión… nas modalidades de márketing, publicidade, eventos e comunicación, nuns galardóns organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia, que contan co apoio da Xunta e teñen como obxectivo dar visibilidade ao deseño galego.

Os IX Premios Paraugas foron presentados a pasada semana no ferrolá Teatro Jofre nun acto no que se anunciaron os 46 proxectos que optan nesta edición dos premios a un total de 18 galardóns. Ademais, adiantaron que durante a gala entregaránse os premios honoríficos que este ano recaen na xornalista viguesa María Rey, en Comunicación, e nos creativos Marta Rico e Miguel García Vizcaíno, en Creatividade.

Presentación dos IX Premios Parugas da comunicación, márketing, publicidade e eventos que se entregarán nun acto no Teatro Jofre
A delagada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, durante a presentación da gala dos IX Premios Paraugas

“Ferrol volverá ser a capital da industria da comunicación e do márketing e punto de encontro das mellores empresas do sector”, asegurou o alcalde do Concello de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, quen calificou este Premios Paraugas como unha alianza entre Ferrol e o Clúster da Comunicación “preparada para durar moito tempo”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Pola súa banda, a delegada territorial de la Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, incidiu na comunicación como “un sector chave que impulsa o desenvolvemento da identidade cultural e económica” e o apoio que se oferta dende a Axencia Galega da Innovación (GAIN) da Xunta ás iniciativas do Clúster da Comunicación de Galicia como estes Premios Paraguas

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.