PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

A Noite Meiga de Ribadavia consolida a tradición do Samaín

Noite Meiga de Ribadavia 2024Veciñanza e visitantes celebran a Noite Meiga de Ribadavia

A Noite Meiga de Ribadavia reuniu a centos de persoas que desfrutaron do Desfile Meigo ou da Pasaxe do Terror nunha noite máxica de defuntos

A Noite Meiga de Ribadavia volveu confirmar que é unha das citas do Samaín que atrae e reúne a máis persoas de toda a comunidade para celebrar a noite de defuntos, que organiza a Asociación Ribadavia Activa-T e contou coa colaboración do Concello de Ribadavia. Unha noite máxica e de misterio cun amplo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades.

O Desfile Meigo foi un dos momentos máis destacados da noite, unha comitiva que estivo acompañada, percorrendo as rúas do concello, polos tradicionas xigantes e cabezudos. Tamén, pequenos e maiores desfrutaron da Pasaxe do Terror no Castelo de Ribadavia e que supuxo unha experiencia inmersiva única.

Centos de persoas asisten ao Desfile Meigo durante as celebracións en Ribadavia da Noite Meiga
Centos de persoas asisten ao Desfile Meigo durante as celebracións en Ribadavia da Noite Meiga

O concerto de Mad Martin Trío e a música de DJ Nando baixaron o pano desta nova edición da Noite Meiga 2024 que se consolida ano a ano. “A Noite Meiga non só revitaliza a nosa cultura, senón que promove o sentimento de unidade e pertenza en Ribadavia“, indicaron dende o Concello que destacaron “o compromiso e participación da veciñanza para o éxito desta Noite Meiga“.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.