O Concurso Enfoca Ames repartirá 175 euros en premios entre as mellores imaxes que reflictan o patrimonio natural, artístico ou cultural do concello
O IV Concurso Enfoca Ames, organizado pola Xuntanza de Empresarios (XEA) do municipio e que conta coa colaboración do Concello, pechará o prazo de recepción de fotografías o vindeiro 10 de novembro. O obxectivo desta cuarta edición do IV Concurso Enfoca Ames é o de fomentar e achegar á cidadanía e á veciñanza os lugares máis senlleiros a través de imaxes que reflictan ou o patrimonio natural, ou o artístico ou o cultural do concello, categorías nas que se divide o certame.
Os participantes poden presentar unha imaxe por cada unha das categorías que terán que enviar, xunto a ficha de inscrición, á dirección de correo electrónico efocames@gmail.com. Neste IV Concurso Enfoca Ames, que é de balde, poden participar todas as persoas residentes en España maiores de 18 anos. As fotografías deben ser orixinais e inéditas.
Nesta edición do IV Concurso Enfoca Ames mudouse a categoría macro pola categoría patrimonio, para potenciar que a xente coñeza mellor o concello e realice capturas de elementos patrimoniais, tanto materiais como inmaterias como festas o eventos relevantes, explicou durante a presentación Sonia Moure, técnica municipal de Turismo.
PREMIOS IV CONCURSO ENFOCA AMES
O IV Concurso Enfoca Ames recoñecerá ás mellores fotografías repartindo un total de 175 euros en cheques para gastar nos establecementos do municipio: 100€ para a imaxe gañadora, 50€ para a segunda e 25€ para a terceira. Ademais, por primeira vez os premiados recibirán tamén un trofeo conmemorativo do certame. O fallo do xurado farase público o vindeiro 19 de novembro.