PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Rallye Rías Altas Histórico coroa por cuarta vez a Ferreiro e Anido

O Ford Escort de Ferreiro e Anido durante a disputa do Rallye Rías Altas Histórico 2024 en terras coruñesasO Ford Escort de Xesús Ferreiro e Xavier Anido durante a disputa do Rallye Rías Altas Histórico 2024 en terras coruñesas

Os de Melide lograron de novo o triunfo cinco anos despois no Rallye Rías Altas Histórico que pechou o calendario do Campionato de España

Os melidenses Xesús Ferreiro e Xavier Anido acaban de gañar, por cuarta vez e cinco anos despois, o Rallye Rías Altas Histórico 2024 na súa categoría, disputado os pasados 1 e 2 de novembro en terras coruñesas baixo a organización do Club Rallye Rías Altas. Unha proba que pechou o Campionato de España de Rallyes para Vehículos Históricos (CERVH).

Así, un lustro despois, o Rallye Rías Altas Histórico, volveu ver a Ferreiro e Anido no máis alto do podio, tras impoñerse co seu Ford Escort RS 1800 MKII entre os participantes que puntuaban para o certame absoluto do CERVH (categorías Pre2000, Pre90 e Pre81), conseguindo na clasificación xeral combinada a segunda praza, ao ser superados por un dos equipos que compite cun coche na categoría Classic.

Conscientes de que ía ser practicamente imposible estar nos tempos do xa campión Manuel Muniente, Xesús Ferreiro e Xavier Anido comezaron o Rallye Rías Altas Histórico con certa cautela, e aínda así no segundo tramo realizou o mellor tempo absoluto de todos os participantes. Así, tras catro tramos na mañá do sábado, Ferreiro e Anido rodaban nunha cómoda segunda posición por detrás de Muniente-Louzao, pero tamén coa vista posta en Bouza-Bouza, que ían terceiros a case nove segundos e con quen se disputaban o primeiro posto da categoría Pre81.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

CATRO TRAMOS MÁIS POLA TARDE NO RALLYE RÍAS ALTAS

Pola tarde celebráronse catro especiais máis, as dúas últimas tramos nocturnos, e aínda que a diferenza co líder provisional era inferior a 20 segundos, Xesús Ferreiro e Xavier Anido decidían asegurar a segunda posición na que parecía que ía finalizar o rallye. Unha avaría no BMW de Manuel Muniente e Diego R. Louzao provocaba que cedese case dous minutos con respecto ao Ford Escort de Ferreiro e Anido, que inesperadamente se atopaban coa primeira praza, sumando así o seu cuarto triunfo na proba coruñesa e sendo ademais os gañadores na categoría Pre81.

Foi unha pena o sucedido con Muniente no último tramo porque sempre nos gusta gañar sen que ocorran estes incidentes, aínda que ás veces tamén fomos nós os afectados. De todos os xeitos, estamos moi satisfeitos co resultado, pois levabamos xa varias edicións sen poder conseguilo”

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.