PUBLICIDADE

O alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense expón os seus mellores traballos

A Escola de Artes e Oficios inaugurou a exposición '133' que recolle unha escola dos mellores traballos realiados polo alumnado do centro ourensán ao longo do cursoA Escola de Artes e Oficios inaugurou a exposición '133' que recolle unha escola dos mellores traballos realiados polo alumnado do centro ourensán ao longo do curso

A exposición, dos mellores traballos elaborados ao longo do curso polo alumnado da Escola de Artes e Oficios, que leva como título ‘133’ poderá visitarse na biblioteca pública Nós de Ourense ata o 19 de xuño

A biblioteca pública Nós acolle, ata o vindeiro 19 de xuño, unha escolma dos mellores traballos do alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense e que elaboraron ao longo do curso. Baixo o título 133, a mostra conta cun total de 70 pezas que foron creadas nas distintas disciplinas que se imparten no centro como debuxo, pintura, talla de madeira ou oleiría e modelado de barro, e no que reciben clase máis de 200 alumnos.

Como novidade, a exposición 133 do alumnado da Escola de Artes e Oficios inclúe na súa selección de traballos dos estudantes, varios instrumentos tradicionais elaborados no Obradoiro de instrumentos da propia Deputación de Ourense.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.