PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O alumnado do EFA Piñeiral coñece polo miúdo a xestión da publicidade na prensa local

Antonio Vázquez, director dos xornais 'Bisbarra' e 'Crónicas da Comarca' durante a súa charla no EFA Piñeiral de ArzúaAntonio Vázquez, director dos xornais 'Bisbarra' e 'Crónicas da Comarca' durante a súa charla no EFA Piñeiral de Arzúa

Antonio Vázquez, director de ‘Bisbarra’, deu unha charla para o alumnado de Márketing do EFA Piñeiral de Arzúa na que afondou na xestión e negociación da publicidade nos medios de comunicación

Antonio Vázquez, director dos xornais comarcais gratuítos Bisbarra e Crónicas da Comarca, foi convidado o pasado 4 de decembro polo centro de formación profesional EFA Piñeiral de Arzúa, a impartir unha charla dirixida ao alumnado do Ciclo Superior de Márketing e Publicidade, e na que lles explicou os pormenores da xestión, negociación, distribución e relacións coas institucións no eido da publicidade nos medios locais, tanto en prensa impresa como na dixital.

Durante a charla, que forma parte das tertulias semanais con profesionais de diferentes eidos coas que o centro amplía a formación do seu alumnado, Antonio Vázquez incidiu, nun primeiro momento, nos aspectos xerais e máis informativos de Bisbarra e Crónicas da Comarca, medios pertencentes a Comunicación Independente Galega (COINGA), empresa matriz que ademais realiza tamén labores de comunidación para diferentes entidades, principalmente públicas.

De seguido, o CEO de COINGA, explicou polo miúdo os aspectos que teñen que ver coa xestión e a negociación da publicidade, dende a súa distribución nas páxinas impresas e dixitais, os formatos, os custos, as diferentes formas de pago, e de como dende institucións como os Concellos, Deputacións ou o Goberno galego da Xunta realizan o reparto e a negociación dos anuncios cos diferentes medios locais, tanto gratuítos como de pago.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.