PUBLICIDADE

O Castro de San Cibrao de Lás, en Ourense, declarado Ben de Interese Turístico de Galicia

O Castro de San Cibrao de Lás que vén de ser declarado pola Xunta Ben de Interese Turístico de GaliciaCibrao de Lás que vén de ser declarado pola Xunta Ben de Interese Turístico de Galicia (Foto: cultura.gal)

O Castro de San Cibrao de Lás, situado nos termos municipais de San Amaro e de Punxín, conta dende agora coa máxima distinción da Xunta que permitirá a súa protección e conservación

O Castro de San Cibrao de Lás, situado nos termos municipais orensáns de San Amaro e Punxín, xa é Ben de Interese Turístico de Galicia. A Xunta vén de publicar esta declaración no Diario Oficial de Galicia, unha denominación concedida pola súa importancia histórica, sendo un dos xacementos arqueolóxicos más sobranceiros e coñecidos da Comunidade.

A distinción de Ben de Interese Turístico de Galicia, que lle outorga ao Castro de San Cibrao, a máxima protección para a súa conservación, e á que deu o seu visto e prace o Consello da Xunta a pasada semana, recoñece así o seu valor como ben representativo do patrimonio de Galicia ao tratarse dun elemento crucial no coñecemento da Idade do Ferro, especialmente na súa fase final e inicio do período romano.

O expediente destaca o seu bo estado de conservación, cun 15% da extensión do poboado xa escavado e musealizado. O informe recolle as sucesivas intervencións que permitiron sacar á luz numerosas estruturas, tanto habitacionais como doutro tipo (murallas, rúas, portas monumentais ou alxibes, entre outras).

PUBLICIDADE

Ademais, no Castro de San Cibrao de Lás tamén se acharon materiais arqueolóxicos (pezas cerámicas, líticas, obxectos de vidro de uso doméstico, restos metálicos ou moedas) de grande importancia para a investigación e a divulgación, de maneira que constitúen un valioso recurso patrimonial. Deste xeito, tamén se fai fincapé na excelente preservación da súa integridade, sen que se vise afectada substancialmente a súa morfoloxía ao longo dos varios séculos de historia.

Esta singularidade foi a que fixo que a Xunta o escollese para crear o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, un centro de interpretación inaugurado no 2014 para difundir este coñecemento entre a poboación. De feito, como resultado disto conseguiuse a consolidación dos restos exhumados e a creación dun lugar histórico amplamente investigado, musealizado e protexido, sendo un dos xacementos arqueolóxicos máis visitados de Galicia.

Con esta declaración, agora mesmo están rexistrados 793 Bens de Interese Cultural no territorio, unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno autonómico por protexer, conservar e pór en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.