PUBLICIDADE

O festival Abride a Fiestra de Padrón homenaxea ás cantareiras cunha vintena de actividades na Casa Museo Rosalía

O Festival Abride a Fiestra, o 13 de xullo en Padrón, presentou a súa programación que inclúe máis dunha vintena de actividades para todos os púbicosO Festival Abride a Fiestra, o 13 de xullo en Padrón, presentou a súa programación que inclúe máis dunha vintena de actividades para todos os púbicos

O festival Abride a Fiestra, que recibe un ano máis o apoio da Consellería de Cultura, se desenvolverá o 13 de xullo na Casa Museo Rosalía de Castro e inclúe actividades como actuacións musicais, contacontos, xogos populares, presentacións, coloquios literarios ou obradoiros

O festival Abride a fiestra, que se celebrará o 13 de xullo na Casa Museo de Rosalía de Castro de Padrón, contará un ano máis co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta. Unha nova edición que se suma á homenaxe das Letras Galegas deste ano ás cantareiras e á cultura popular galega, “fonte e inspiración indiscutible na creación da nosa escritora máis universal”, destacou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a presentación do programa.

Por estes motivos, Valentín García celebrou esta “irmandade irrenunciable” na que afondarán a vintena de actividades que se organizarán, durante 11 horas seguidas na Casa Museo de Rosalía, que abranguen visitas guiadas, concertos, presentacións, coloquios ou xogos tradicionais para todos os públicos, que terán á escritora como figura central.

Valentín García destacou tamén o “altísimo interese” que segue a espertar o legado da autora de Follas Novas ou Cantares gallegos na creación artística actual, “demostrando que continúa a ser inspiración e referente imperecedoiro xeración tras xeración, e non só no eido cultural, senón tamén no de carácter social coa súa visión tan adiantada e comprometida”.

PUBLICIDADE

A programación comezará ás once da mañá, e incluirá actuacións musicais, sesións de contacontos e unha de observación astronómica, ademais dunha unha scape-room para a cativada, que tamén contará con xogos populares durante todo a xornada, así como un obradoiro de creación libre de obxectos sonoros con materiais naturais. A maiores, haberá visitas guiadas e presentacións e coloquios literarios.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.