PUBLICIDADE

O Festival Clowncurso sube o pano da súa segunda edición no Carballiño coa actuación de Pepe Viyuela

PorBisbarra

Martes, 10 Febreiro 2026
O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, e o director do certame, Jouse García, durante a presentación do II Festival ClowncursoO concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, e o director do certame, Jouse García, durante a presentación do II Festival Clowncurso

O Festival Clowncurso non pechou aínda o programa completo das actuacións que optarán a levarse o premio en base aos votos do público asistente, polo alto número de propostas presentadas

O II Festival Clowncurso chega de novo a O Carballiño cunha programación que se inicia o 30 de marzo coa actuación do famoso actor e pallaso Pepe Viyuela, así o indicou concelleiro de Cultura, Diego Fernández durante a presentación, xunto ao director do Clowncurso, Jouse García. Unha estrea que abrirá a segunda edición dun festival organizado pola Escola Galega de Clowns e conta coa colaboración do Concello.

Así, Pepe Viyuela abrirá o festival no Auditorio Municipal coa posta en escena da súa peza Encerrona. “Temos ao pallaso dos pallasos, para nós é unha alegría e un orgullo poder dicir que vai actuar aquí, no Carballiño”, asegurou esta mañá Fernández que animou “á veciñanza a que colla con tempo as entradas, porque creo que vai ter unha demanda moi alta e é unha oportunidade excepcional para iniciar a Semana Santa con humor”, resaltou o edil.

Jouse García avanzou durante a presentación que parte da programación das actuacións está aínda sen pechar, debido ao alto número de propostas recibidas. Así, García explicou que tras a actuación de Pepe Viyuela o luns 30 de marzo, o Clowncurso terá continuidade o martes, o mércores, o xoves, o venres e o sábado.

PUBLICIDADE

O festival contará ademais con obradoiros polas mañás impartidos por Hilary Chaplain, unha das máis recoñecidas clown a nivel internacional, e “polas noites desenvolveranse os espectáculos que o público poderá votar para escoller ao gañador”, detallo o director do certame.

As entradas par asistir á estrea do Clowncurso Encerrona pódense adquirir nas tendas Futboleros, Carlin Carballiño e Eniac Informática. Tamén é posible realizar a reserva a través do correo electrónico escolagalegadeclowns@gmx.es.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.