O Festival Transfronteirizo de Teatro Amador ofreceu á veciñanza do Carballió representacións de compañías de Galicia, Castela León e Portugal, lecturas dramatizadas, obradoiro Clown e unha charla-coloquio durante a pasada fin de semana
O Festival Transfronteirizo de Teatro Amador achegou á veciñanza do Carballiño representacións teatrais, lecturas dramatizadas, unha charla-coloquio e obradoiros durante a pasada fin de semana. A iniciativa, impulsada pola Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Platta), reúne producións de compañías de Castela e León, Galicia e Portugal.
A programación do Festival Tranfronteirizo do Carballiño comezou o venres coa representación Vivir con Huntington, dos galegos de Trasno. O sábado foi a quenda de Catarsis Teatro de Castela e León, que presentaron Pasaremos sin nombres a la historia.
O domingo, último día do festival, desenvolvéronse lecturas dramatizadas e posterior charla coloquio con Luis Bartolomé Herrero, autor dos textos. A veciñanza tamén gozou do Obradoiro Clown con Fran Rei, carballinés e fundador do Festival Internacional de Clown de Galicia.
Tras entrega dos diplomas, o público desfrutou da peza interpretativa Mendigos, da compañía Duplaface Companhia Das Artes, en representación de Portugal, e que pechou o Festival Transfronteirizo.




