PUBLICIDADE
As Escoliñas Depotivas da Deputación de Ourense pecharon o curso cunha festa do deporte no Pazo Paco PazAs Escoliñas Depotivas da Deputación de Ourense pecharon o curso cunha festa do deporte no Pazo Paco Paz

As Escoliñas Deportivas baixaron o pano do curso 2024-2025 cunha festa do deporte na que participaron máis de 500 nenos e nenas dos concellos de Xinzo de Limia, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Maceda, Cenlle, Maside, O Carballiño e Coles

As Escoliñas Deportivas, promovidas pola Deputación de Ourense, pecharon o curso 2024-2025 cunha festa do deporte que se desenvolveu no provincial Pazo Paco Paz e contou coa participación de 500 nenos e nenas dos concellos de Xinzo de Limia, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Maceda, Cenlle, Maside, O Carballiño e Coles.

A iniciativa provincial, Escoliñas Deportivas, está dirixida aos máis novos que se inician e especializan na práctica de deportes como ximnasia artística e rítmica, breakdance, xadrez, tenis de mesa, remo indoor, orientación, psicomotricidade, balonmán, volei, karate, kung-fu, fútbol sala e baloncesto. Así, durante a festa de clausura a rapazada amosou o aprendido durante o curso.

O presidente provincial, Luis Menor, lembrou aos 500 participantes nesta iniciativa da Deputación que “sodes o exemplo de que o deporte é vida, é saúde, é diversión e é o mellor hobby no que podedes adicar o voso tempo libre”. Neste sentido, Menor explicou que na Deputación unha das súas liñas estratéxicas de goberno é o apoio o deporte, e sobre todo o deporte base.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.