PUBLICIDADE

A exposición ‘El color que me inunda’ poderase visitar no Centro Empresarial do Tambre de Santiago ata o 11 de xullo

Unha das pinturas da exposición de María José Leira que se pode visitar ata o 11 de xullo no Centro Empresarial do TambreUnha das pinturas da exposición de María José Leira que se pode visitar ata o 11 de xullo no Centro Empresarial do Tambre

A exposición de pintura El color que me inunda, que se inaugura esta mesma tarde, trátase dunha escolama de cadros figurativos en acrílico sobre lenzo da artista ferrolá María José Leira

A exposición de pintura El color que me inunda, da artista ferrolá María José Leira abrirá esta esta tarde ao público no Centro Empresarial do Tambre, en Santiago de Compostela, coa celebración do seu acto inaugural a partir das oito da tarde. Todos os interesados poden visitar a mostra ata o vindeiro 1 de xullo, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

A exposición está composta por unha vintena de pinturas figurativas, realizadas en acrílico sobre lenzo por María José Leira. A artista ferrolá expresa, en El color que me inunda, un sentimento, intentando plasmar parte do seu ser en cada un dos seus cadros, sempre coa cor como elemento característico da súa obra.

A temática é individual en cada creación, representando obxectos dislocados sobre o tema da paternidade, coa aparición de Little Nemo in Slumberland, personaxe de Winsor McCay considerado o primeiro gran clásico da historia do cómic; en paisaxes como a Ribeira Sacra ou na creación de pequenos personaxes.

PUBLICIDADE

María José Leira Ambrós (Ferrol, 1948) aprendeu o oficio de pintar, gravar e buscar distintas formas de expresión para plasmar a súa aventura interior. A partir dos 13 anos aprende a debuxar e a pintar asistindo a clases de distintos artistas locais, facendo a súa primeira exposición individual aos 21 anos. Mais, nese momento, unha serie de problemas persoais afástana da pintura durante 12 anos.

En 1978 obtén a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente retomou a pintura e fixo diversos cursos de gravado, actividades que desde entón comparte a diario coas súas clases no Instituto Concepción Arenal de Ferrol.

A artista exhibe o seu traballo en numerosas exposicións individuais e colectivas dende 1992, con mostras na Deputación de Lugo, no Ateneo de Ferrol, na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa, na Fundación Araguaney-Puente de Culturas de Santiago, no Palacio de Cristal en Oporto, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, no Museo dos Muíños de Culleredo, na Biblioteca González Garcés da Coruña, na Biblioteca Nodal, na Casa de Galicia de Madrid, ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

A pintora ferrolá María José Leira que hoxe inaugura a súa exposición 'El color que me inunda' no Centro Empresarial do Tambre en Santiago
A pintora ferrolá María José Leira que hoxe inaugura a súa exposición ‘El color que me inunda’ en Santiago
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.