PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O matemático Rodríguez xa conta cunha placa no parque das Ciencias

A placa en lembraza do matemático Rodríguez nun banco do compostelán parque das CienciasAutoridades tras a inauguración da placa en lembraza do matemático Rodríguez nun banco do compostelán parque das Ciencias

O matemático Rodríguez, nomeado Científico Galego do Ano pola Academia Galega de Ciencias, foi homenaxeado polo Concello de Santiago

O matemático Rodríguez, nomeado Científico Galego do Ano pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), xa conta cunha placa homenaxe no compostelán parque das Ciencias, nun acto organizado polo Concello de Santiago e no que participaron a alcaldesa Goretti Sanmartín, o presidente da RAGC, Juan Manuel Lema, e membros da corporación municipal.

“Esta placa súmase ás outras dezaseis que homenaxean outros científicos galegos que non só recoñecen a súa traxectoría académica, senón tamén a súa incalculable achega á comunidade científica galega e, especialmente, á Universidade de Santiago“, indicou a alcaldesa tras inaugurar a placa nun dos bancos do parque das Ciencias en lembranza do matemático Rodríguez.

Rodríguez dedicou a súa vida a explorar os confíns do coñecemento científico, converténdose nunha figura esencial da Ilustración”

O matemático Rodríguez

José Rodríguez González, o matemático Rodríguez, naceu en Lalín no 1770 e faleceu en Santiago de Compostela no 1824. Foi un dos científicos europeos máis brillantes da súa época, con grandes aportacións non só de matemáticas, senón tamén doutras especialidades como xeometría, astronomía, xeografía e mineraloxía. Formouse na Universidade de Santiago, na que logrou unha cátedra de matemáticas no preparatorio da Facultade de Medicina.

PUBLICIDADE

Ademais da súa actividade científica tivo unha destacada actividade política. Sumouse aos liberais máis progresistas e foi elixido deputado por Galicia no ano 1820. Declarouse a favor da división provincial de Galicia coa creación dunha quinta provincia con capital en Santiago de Compostela e amosou interese por promover tanto o coñecemento científico como o fomento da industria.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.