PUBLICIDADE

O Mercado de Nadal da Baña, o 14 de decembro, presenta un variado programa de actividades para todas as idades

PorBisbarra

Xoves, 4 Decembro 2025 ,
A pasada edción do Mercado de Nadal do concello da Baña que converteuse en punto de encontro durante estas datas festivasA pasada edción do Mercado de Nadal do concello da Baña que converteuse en punto de encontro durante estas datas festivas

O Mercado de Nadal 2025 regresa ao pavillón municipal do concello da Baña o vindeiro domingo 14 de decembro, converténdose unha vez máis no punto de encontro destas datas festivas. Unha cita organizada dende a Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía que regresa cun programa variado e pensado para todas as idades.

A inauguración do Mercado será ás 12:00 horas coa apertura oficial e a actuación da Escola de Música Tradicional da Baña, que dará paso, ás 12:30 horas, ao primeiro obradoiro: A miña cociña, o meu lar, con sesións de mañá e tarde para todos os interesados. Xa pola tarde, ás 15:30 horas, será a quenda do grupo As Atrevidas de Monte, que encherán o pavillón de música e diversión, mantendo o espírito festivo e familiar durante toda a xornada.

Ás 16:00 horas, o público poderá participar no obradoiro de coroas naturais, organizado por AFA Avania e dirixido a persoas adultas e a cativada a partir de 6 anos, para o que é necesaria inscrición previa no teléfono 697 342 138.

PUBLICIDADE

Ás 17:00 horas, a compañía A Xanela do Maxín presentará Agasallos do Apalpador: palabras e xoguetes un espectáculo familiar no que o Apalpador baixa das montañas do Courel para recuperar palabras en galego esquecidas.

Tras a representación, chegará un dos momentos máis esperados da programación do Mercado de Nadal: a chegada conxunta de Papá Noel e o Apalpador, prevista para as 18:15 horas, seguida de xogos populares abertos a todas as idades ás 18:30 horas. Ás 19:30 horas, darase a coñecer o fallo do concurso de Postais de Nadal en galego, no que participou a mocidade do concello co obxectivo de facer visible o noso idioma nestas datas. Todas as postais estarán expostas na feira, completando así unha xornada cultural e lúdica para todos.

O Mercado de Nadal pechará ás 20:00 horas, despois dunha intensa xornada na que a veciñanza poderán tamén gozar dos tradicionais postos de artesanía, doces típicos e das populares filloas de pedra. O Concello da Baña convida á veciñanza a achegarse ao pavillón para compartir unha xornada festiva, apoiar o comercio local e vivir o espírito do Nadal en comunidade.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.