PUBLICIDADE

O Museo da Gaita de Barbadás recibe a visita dos alumnos do Conservatorio Superior de Vigo

O Museo da Gaita de Barbadás recibiu a visita dos alumnos e profesores do Conservatorio Superior de Música de VigoO Museo da Gaita de Barbadás recibiu a visita dos alumnos e profesores do Conservatorio Superior de Música de Vigo

Os alumnos e os profesores coñeceron de preto a evolución histórica deste instrumento, así como a súa relevancia cultural en Galicia durante a súa visita ao Museo da Gaita de Barbadás

Estudantes e docentes do Conservatorio Superior de Música de Vigo visitaron o Museo da Gaita de Barbadás. A actividade, centrada na etnomusicoloxía e na música tradicional galega, permitiu aos alumnos e ao profesorado explorar a evolución histórica deste instrumento e a súa relevancia cultural en Galicia. Unha visita que se enmarca dentro do compromiso do Conservatorio olívico por conectar a formación académica co patrimonio cultural galego.

Durante a visita ao museo de Barbadás, percorreron as distintas salas do centro, que albergan unha colección de gaitas dende a Idade Media ata a actualidade. Tamén coñeceron o obradoiro do museo con ferramentas e materiais empregados na construción e mantemento do instrumento. Unha experiencia que enriqueceu a formación práctica do alumnado, especialmente daqueles centrados en musicoloxía e música tradicional.

Ampliación horario do Museo da Gaita

O museo, único no seu tipo en Galicia, ampliou recentemente o seu horario para facilitar o acceso a visitantes e grupos educativos. Ofrece visitas guiadas e obradoiros que afondan na historia e construción da gaita, consolidándose como un referente na preservación da música tradicional galega.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.