PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O número de visitantes ao Museo da Construción Naval de Ferrol medra un sete por cento

Visitantes a unha das exposicións do Museo da Construción Naval de Ferrol (Exponav) o ano pasado

O Museo da Construción Naval de Ferrol rexistrou un total de 27.730 visitas durante o ano 2024, medrando un 7% e conseguindo o obxectivo da Fundación Exponav de superar ás 27.500 visitas durante o exercicio pasado

O Museo da Construción Naval de Ferrol superou o obxectivo que se marcou a Fundación Exponav de alcanzar durante o ano 2024 os 27.500 visitantes. Ao longo do ano, rexistráronse un total de 27.730 visitas, o que supón un 7% máis respecto ao exercicio anterior de 2023.

Así, e tras estos bos resultados, Exponav comeza o ano 2025 cunha nova exposición, Berros no silencio, na sala Carlos III do edificio de Herrerías. Trátase dunha mostra fotográfica de Lucas Blanco na que reflicte algunhas das inxustizas que acontecen ao redor do mundo na actualidade, como a vida nos campamentos de refuxiados saharauís e sirios ou a pegada do desastre ecolóxico de Texaco en Ecuador, entre outros, e que conforman o traballo do fotógrafo naronés.

A exposición inaugurouxe onte xoves 9 de xaneiro, e permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 3 de febreiro. Berros no silencio é unha das moitas mostras temporais que se poderán visitar durante o ano 2025 no Museo da Construción Naval (Exponav) de Ferrol, como a das esculturas do artista portugués Paulo Neves, a da pintora Mercedes Ruibal, discípula de Laxeiro, ou unha colectiva de artistas novos.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Tamén neste primeiro mes do ano, Exponav retoma as visitas guiadas gratuítas os días 11 e 25 de xaneiro ás 12:00 horas. No primeiro caso para coñecer a planta baixa do Museo e no segundo para percorrer o primeiro piso de Exponav. Os interesados poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 359 682 ou enviaando un correo electrónico a exponav@exponav.org.

Ademais, a sala Carlos III tamén acollerá unha nova sesión da Cátedra Jorge Juan, iniciativa gratuíta aberta ao público e promovida polo Ministerio de Defensa e pola Universidade da Coruña. Terá lugar o día 23 de xaneiro ás 19:00 horas, e contará cunha conferencia de Alfonso Blanco, produtor executivo de Portocabo, produtora especializada en proxectos de ficción a nivel internacional, entre eles a serie Rapa, gravada en Ferrol e noutros municipios da comarca.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.