A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) inaugurou esta mañá en O Pino a exposición urbana itinerante Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo, unha mostra que propón un percorrido divulgativo por 2.500 anos de historia mineira en Galicia. A iniciativa forma parte das actividades conmemorativas polo centenario da entidade, que celebra este 2025 un século de labor ao servizo do sector mineiro galego.
A exposición, composta por oito paneis informativos, pode visitarse ata o 25 de novembro no parque da Rúa Concello, logo de pasar por cidades como Santiago de Compostela, Lugo, Coruña, Ourense, Vigo e estar en Lestedo (Boqueixón) nas útlimas semanas, así como no municipio ourensán de Parada do Sil, antes de recalar en O Pino.
O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde de O Pino, Manuel Taboada, a directora de COMG, Arantxa Prado e responsable da Oficina Técnica da COMG, Irene Pérez, ademais doutros membros da xunta directiva de empresas como Cobre San Rafael, Explotaciones Gallegas, e doutros sectores como TEN tratamientos ecológicos del noroeste, e empresa Renanso.
Durante a súa intervención, a directora da COMG puxo en valor a relevancia histórica e xeolóxica do Pino, estreitamente ligada á actividade mineira: “O Pino é un dos lugares máis representativos do vínculo entre a terra e a minería en Galicia. É unha testemuña xeolóxica de millóns de anos e o punto de partida dunha actividade que forma parte da nosa identidade colectiva”, asegurou.
Pola súa banda, o alcalde de O Pino agradeceulle á COMG que “elixise o noso concello para esta exposición itinerante”, que nos axuda a coñecer un pouco máis a historia de Galicia e tamén a historia do Pino, “pois tamén tivemos no pasado explotacións mineiras”, indicou o rexedor.
O Pino, un concello clave para o sector mineiro
O Pino, un concello clave para o sector mineiro pola sua proximidade a entornos de interés O Pino mantén unha relación relevante co sector extractivo pola súa contorna xeolóxica, a súa posición loxística e o seu papel administrativo e de servizos dentro da comarca.
Na súa contorna hai canteiras de áridos e rochas para obra civil e pedra natural (Boqueixón, Vedra, Vila de Cruces, Touro, Silleda, entre outros). Tamén en Mesía coñecido polas explotacións de arxila e roducción de cerámica. Esa rede de explotacións próximas fai que O Pino funcione como territorio relevante, pola demanda de transporte, mantemento de maquinaria, subministracións e servizos. Na
historia tamén houbo explotacións nos Concellos próximos de minería metálica como o wolframio de
Silleda e Vila de Cruces.
A exposición Tesouros da terra reflicte a historia da minería en Galicia desde os antigos fenicios, pasando pola época romana, ata a actualidade, trasladando o seu importante papel na transformación da economía e a cultura da rexión. A través de oito tótems divulgativos, a mostra explora as distintas etapas da actividade mineira na comunidade, que comezou coa minería aurífera nos séculos I e II, cando Galicia, antes Gallaecia, recibiu o seu nome por mor das súas abundantes minas de ouro.
A mostra tamén destaca a relevancia dos diferentes subsectores da minería, como rochas ornamentais, augas mineromedicinais, áridos ou minerais industriais. Por último, a exposición repasa os principais fitos da Cámara Oficial Mineira de Galicia desde a súa fundación, en setembro de 1925, coa misión de unir as voces de quen traballaba no subsolo galego, ata a actualidade.



