PUBLICIDADE

A II Feira do Ovo Campero de Melide ofrece unha xornada de agradecemento a todas as persoas e entidades colaboradoras

El Huevo de la Abuela organizó unha xornada de fraternidade e agradecemento con todas as persoas e entidades que colaboraron o apoiaron a II Feira do Ovo CamperoEl Huevo de la Abuela organizó unha xornada de fraternidade e agradecemento con todas as persoas e entidades que colaboraron o apoiaron a II Feira do Ovo Campero

El Huevo de la Abuela, un dos grandes produtores de ovos camperos de Galicia, celebrou unha xornada de fraternidade e agradecemento con todas as persoas, empresas e colectivos que colaboraron na organización da II Feira do Ovo Campero de Melide.

A cita foi no Restaurante Xaneiro de no concello de Toques, no que o pasado sábado 8 de novembro reuníronse 75 persoas para celebrar o éxito da elaboración da tortilla de patacas máis grande do mundo, con seis metros de diámetro, e dun ovo frito de dous metros de diámetro.

“Para que todo saíse ben, houbo moita xente arrimando o ombreiro á que estou moi agradecido, por iso quixemos celebralo todos xuntos”, asegurou Manuel Casal, CEO de El Huevo de la Abuela, quen indicou tamén que “puxemos a Melide no mapa e contribuímos con asociacións benéficas, polo que o balance da feira é moi positivo”. Un nutrido grupo de empresarios de Melide e da comarca, colaboradores da feira, asistiron á xornada de celebración.

PUBLICIDADE

A Feira do Ovo Campero puso a Melide no mapa cuha tortilla de 10.000 quilos

Miles de persoas pasaron por Melide en setembro para presenciar un reto para o que foron necesarios 17.000 ovos, 2.000 quilos de patacas, 300 litros de aceite e 30 quilos de sal. O resultado final foi unha tortilla de 10.000 quilos, volteada de forma espectacular polo equipo de El Huevo de la Abuela cun guindastre de 75.000 quilos.

El Huevo de la Abuela é unha empresa familiar dedicada á explotación e produción de ovos de galiña campera. Despois de 30 anos de experiencia producindo para outras marcas, conta desde 2017 coa súa marca propia.

Conta con instalacións en Palas de Rei e Melide, das que saen cada día ao mercado 15.000 ducias de ovos camperos e a implicación dunha segunda xeración familiar que garante a continuidade da empresa a longo prazo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.