PUBLICIDADE

O Son do Camiño 2006 presenta o seu cartel con Lola Índigo, Afrojack, Barry B, Sen Senra ou Guitarricadelafuente

Lola Índigo, imaxe, Guitarricadelafuentre ou Sen Senra son parte dos artistas destacados do cartel anunciado hoy polo Son do Camiño 2026Lola Índigo, imaxe, Guitarricadelafuentre ou Sen Senra son parte dos artistas destacados do cartel anunciado hoy polo Son do Camiño 2026

O cartel desta nova edición do Son do Camiño tamén inclúe aos compostelanos Carlangas e a Ortiga, así como Sexy Zebras, Niña Polaca ou Carlos Ares

O Son do Camiño, o festival máis importante de Galicia, vén de presentar o cartel desta nova edición que se desenvolverá o 18, 19 e 20 de xuño no compostelán Monte do Gozo. Aínda que todavía quedan artistas por confirmar, Lola Índigo, GuitarricadelaFuente, Afrojack, Barry B ou Sen Senra únense aos principais cabezas de cartel xa anunciados: Linkin Park, Katy Perry ou Dani Martín.

Lola Índigo, unha das grandes estrellas do pop nacional actual, chegará ao Son do Camiño cun show irresistible no que conviven coreografías espectaculares, hits multiplatino e unha posta en escena de primeiro nivel. Entre os grandes nomes internacionais destacan tamén os escoceses Biffy Clyro, referencia do rock alternativo europeo grazas ao seu son potente, épico e emocional e Hoobastank, referentes do rock alternativo dos 2000, quen traerá a Santiago un directo cargado de nostalxia e grandes cancións que marcaron a toda unha xeración.

Outro dos grandes nomes do cartel é Afrojack. O DJ e produtor neerlandés, gañador dun Grammy, aterra en en Compostela cunha sesión cargada de enerxía, grandes drops e algúns dos himnos máis recoñecibles da electrónica global.

PUBLICIDADE

No Monte do Gozo tamén estará Guitarricadelafuente, que cunha sensibilidade única e un imaxinario moi persoal consolidouse como unha das voces máis singulares da nova música española. O festival máis importante de Galicia non podía deixar de contar con Sen Senra, unha das estrelas máis grandes do panorama galego na actualidade, quen xoga en casa co seu pop elegante e emocional, unha proposta que non deixa de crecer e que conecta de forma especial co público do festival. Completando a representación galega súmase Carlos Ares, unha das propostas máis destacadas a nivel nacional grazas á súa narrativa e irresistible personalidade.

Tras o seu irresistible show esgotando entradas no Movistar Area de Madrid, Sexy Zebras traerán o seu ritmo, a súa actitude e o seu rock sen concesións, garantindo un dos directos máis intensos e divertidos do festival.

A enorme Leire Martínez regresa a Santiago, presentando unha nova etapa musical na que reafirma a súa identidade, con cancións luminosas e un directo próximo e emotivo, xunto a Niña Polaca, a banda madrileña que se converteu nun fenómeno grazas ao seu pop-rock directo, letras xeracionais e unha conexión inmediata co público.

MVRK, un dos artistas urbanos máis relevantes de 2025 e 2026, impoñerase co seu son cru e contemporáneo, consolidándose como unha das voces máis potentes do momento. Pola súa banda, The Bloody Beetroots, un dos proxectos de electrónica máis exitosos en Europa no século XXI, chega en formato DJ set cunha proposta electrónica explosiva que mestura punk, rave e distorsión sen límites.

Compartirá cartel con Barry B e o seu pop alternativo, co ex líder de Novedades Carmiña, Carlangas ou con D Valentino, cuxa música fará bailar a todo o recinto dpo Monte do Gozo. Completan este anuncio, dentro da programación dos dous escenarios principais do Son do Camiño 2026, Ortiga, The Molotovs, Corella, Michenlo, Sarria ou Habló Pablo.

A electrónica volve ser protagonista en SON Electro Repsol 

A programación de música electrónica do Son do Camiño volve apostar por unha selección diversa e vangardista que conecta a escena internacional co talento emerxente.

Jimi Jules, figura clave do house e o techno melódico internacional, ofrecerá un directo envolvente e refinado, mentres que Patrick Mason protagonizará un house set moi especial en formato back to back (b2b) con HAAi, unha combinación explosiva de carisma, eclecticismo e liberdade creativa. 

DJ Gigola romperá moldes cunha proposta imprevisible que mestura electrónica, pop e actitude club, e Héctor Oaks levará ao festival o seu techno cru, rápido e sen concesiónsCarlita despregará o seu xa recoñecida fusión de electrónica global, ritmos orgánicos e unha enerxía hipnótica pensada para a pista, mentres que MCR-T achegará unha visión híbrida e provocadora que une electrónica, cultura rave e enerxía punk.

Perel sumará o seu característico son entre o techno melódico e o pop electrónico, e desde o house máis grooveHoneyluv conectará co público a través de sesións cargadas de ritmo e personalidade. Paramida, referente do house e o techno de raíz clásica, achegará elegancia e sensibilidade á pista, mentres que Hoonine propoñerá unha viaxe sonora sofisticada e emocional.

Tamén, o festival contará con Supergloss, DJ e produtora de música techno baseada en Berlín, recoñecida polas súas mesturas enérxicas que fusionan sons dos anos 90 e 00, evolucionando desde o hiperpop e hip hop. ç

A nova xeración nacional estará representada por Barbara Lago e Aida Blanco, con sesións que se moven con soltura entre o techno, o house e os sons máis actuais, e Viviana Casanova achegará contundencia e enerxía coa súa potente visión do techno e o house. Completa esta selección Caste, en representación galega, Bego Martin, e Toutsanders.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.